Skip to Content

OBRADOIRO DE CURTAS

Como non se vai poder estrear a curtametraxe realizada polo noso alumnado deixámosvos un enlace para que podades velo as familias.

 

 

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS

Neste enlace á nosa aula virtual aparecen as programacións de todos os cursos e materias de Educación Primaria adaptadas a este terceiro trimestre do curso 2019/20: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelmurguia/aulavirtual/mod/folder/view.php?id=146. 

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado. Para a realización e seguimento deste acordo a dirección do centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio, ambos inclusive, en horario de 10 a 13 horas, na secretaría do colexio.
  • A presentación de documentación acreditativa do barremo será ata o 26 de maio. Aínda que se recomenda entregala coa solicitude.
  • Publicación de listaxes provisionais: 8 de Xuño.
  • Reclamacións contra a listaxe provisional: 9 a 11 de Xuño en horario de 10 a 13 horas na secretaría do centro.
  • Publicación das listaxes definitivas: 26 de Xuño.
  • Formalización de matrícula: 1 a 10 de Xullo.

Lembramos que a información sobre o proceso de admisión podedes consultala neste enlace.

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AL CENTRO:

  1. Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión en secretaría.
  2. Manter a distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto.

NOTA IMPORTANTE: O centro abre dende o luns 11 de maio, exclusivamente e co persoal imprescindible para atender o proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites, por favor, utilizar o teléfono ou correo electrónico do centro. 

Dende a Inspección notificáronos que non se permite, polo momento, entregar material nin obxectos que permanezan no centro ás familias, por razóns de saúde.

 

VENRES 1 E LUNS 4 DE MAIO. DÍAS NON LECTIVOS.

Retomaráse a subida de actividades á Aula Virtual do centro o Martes día 5 de maio.

 

Programa "NINGUÉN ATRÁS"

Dende o Concello estase levando a cabo o programa Ninguén atrás, en colaboración cos centros educativos.

Está dirixido a todas e todos aqueles estudantes en calquera dos ciclos escolares obrigatorios que carecen de recursos dixitais para acceder aos materiais formativos. 

O teléfono de contacto é o seguinte: 981 184294.

As familias póñense en contacto con concello, para dar a súa dirección e nome do alumno.             

Unha vez teñan os datos, comunícano ao centro.               

O centro envía as tarefas ao concello que as fotocopia e lévanas ás familias. 

Podedes ampliar a información no seguinte enlace.

DÍA DO LIBRO 2020

 

 

Como todos saberedes, abril é o Mes do Libro. Comeza co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o día 2, e remata o 23 co Día Internacional do Libro.

Certo que toda esta novidade do confinamento fixo que o Día do Libro Infantil pasase case desapercibido. Pero coa vosa axuda, a de toda a Comunidade Educativa, celebraremos un magnífico Día do Libro.

Gustaríanos que, para celebralo, todos compartamos o que estamos a ler. E cando digo todos, é todos: os avós, papá e mamá, ti, o teu irmán, os profes...

Para facelo será tan sinxelo como facervos unha foto ou un vídeo e subilo ó muro de Padlet que tedes a continuación. Só hai que premer no "+" para facelo. Tamén podedes facer comentarios. É moi doado. Pero se, aínda así, tedes dúbidas podedes obter máis información neste titorial:

https://drive.google.com/file/d/1Yv4V-5iDsi-OmyPqCOgU_eJ3jGFov2Ci/view

Si queredes subir un vídeo en vez dunha foto tedes tamén este outro titorial:

   https://www.youtube.com/watch?v=v1wuriJIVDw&feature=youtu.be

Xa podedes empezar! O enlace seguinte levaravos ao muro para poder colgar as vosas experiencias. Lembrade saudar e poñer os vosos nomes.

https://padlet.com/ceipmmurguia/f1tnh4rvw3agfp2z

Aproveitamos para saudar e transmitirvos todo o noso apoio nestes momentos tan complexos que nos tocou vivir. 

Desexarvos que todas as familias os encontredes ben e pronto volvamos á normalidade.

Unha aperta.

Equipo de Biblioteca

Videoconferencia ZOOM

Algunhas familias recibiron un correo para conectarse a unha videoconferencia ZOOM. 

O remitente era "MANUEL MURGUIA", pero en realidade a entidade que mandou dito correo foi a Federación de ANPAS, e non o centro escolar.

Polo tanto non se tratou dun engano, como se pensou nun principio. 

Axudas para comedores escolares

O luns 30 de marzo saíron unhas axudas para comedores escolares dependentes da consellería. Poden consultarse aquí.

Estas axudas NON serven para o noso centro, pois o comedor do CEIP Plurilingüe MANUEL MURGUÍA depende da ANPA e non da consellería.

As axudas que están a disfrutar algunhas das nosas familias son do Concello.

Elaboración de pantallas para persoal sanitario

O CEIP Plurilingüe Manuel Murguía é un colexio solidario. Como sabedes, cada curso organizamos campañas de recollida de roupa usada e alimentos, para doar ás persoas que teñen máis necesidade. 

Neste caso estamos a facer pantallas coa impresora 3D que mercamos recentemente e coas láminas de acetato que utilizamos para encadernar. A capacidade de produción que temos é dunha cada 3 horas e media (unhas 5 pantallas ao día), debido ao tempo que leva o proceso de impresión. Pero cada pequena acción que poidamos facer é unha axuda para terminar con esta pandemia.

 

 

Publicación de cualificacións no AbalarMóbil

O vindeiro venres 3 de abril, ás 10 da mañá, publicaranse as cualificacións das vosas fillas e fillos na aplicación da Xunta de Galicia AbalarMóbil.

Aqueles que non a teñades podedes descargala para android ou apple (IOS).

Vai pedirvos un número de teléfono móbil. Procurade poñer un dos que facilitáchedes no centro. Se non vos recoñece o voso teléfono, o máis probable é que sexa debido a que non o tedes actualizado no XADE. Nese caso, enviade un correo ao centro para que o poidamos actualizar.

Cando volvamos ás actividades lectivas, os primeiros días o alumnado levará para a casa un boletín informativo coas cualificacións, como vén sendo habitual.

Distribuir contido


by Dr. Radut