Skip to Content

ACTIVIDADES PARA REALIZAR NA CASA DURANTE A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES LECTIVAS POR MOR DO COVID19

Anúlanse todas as titorías fixadas para este período. Debedes solicitar novas titorías cando se reemprendan as actividades lectivas.

Só permanece un membro do equipo directivo no centro por quendas rotativas en horario de 10:00 a 13:00. Podedes estan en contacto coas titoras do alumnado nos respectivos correos electrónicos.

 

Mudamos as actividades para o tempo de permanencia nas casas á AULA VIRTUAL.

 

ACTUALIZACIÓNS:

- Martes, 14 de abril:

. Engándense páxinas web, tanto en Infantil como en Primaria, para poder repasar conceptos durante estos días. 

 Polo momento están subidas ás de Educación Infantil, 3º de Primaria, 5º de Primaria e  6 de Primaria. En lingua inglesa e Música continúan cos enlaces enviados antes da Semana Santa.

 

- Luns, 13 de abril:

. Engadidas respostas as tarefas de E. Inglesa de toda E. Primaria.

 

- Venres, 3 de abril:

. Engadidas correccións ás tarefas de 5º de Educación Primaria.

. Engadidas actividades para 4º de Educación Primaria.

. Novas actividades para Inglés, de 1º a 6º de Primaria.

 

- Xoves, 2 de abril:

IMPORTANTE: Actualizado correo electrónico da profe de Inglés (María): inglesmurguia@gmail.com.

. Nova actividade de Plástica para 6º de EP: Coelliño de Pascua.

. Actividades de 4º EP: nota informativa e actividades de Matemáticas, 3-6 de abril.

. Ideas para facer cos pequenos na casa. (Teatro, Música, Receitas...). Sección "Actividades para todas y todos".

Youtube Kids. O youtube que podes programar para a idade do teu fillo. Sección "Actividades para todas y todos". 

. Mandalas para darlle cor. Sección "Actividades para todas y todos".

. Os increibles Mun. Apps para Educación Infantil. Cada idade pode atopala no cartafol do seu grupo.

. Actividades para 3º de EP.

.Hoxe é o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Deixamos actividades commemorativas no noso blog da Biblioteca

 

- Mércores, 1 de abril:

. Números da revista "O Papagaio". Para leer gratuitamente. Sección "Biblioteca".

Contos para Infantil Editorial Kalandraka. Contados por contacontos. Sección "Para todas e todos".

. Vídeo de Educación Física (Reto: 300).

 

- Martes, 31 de marzo:

. Actualización de actividades de Mate e Lingua Galega de 6º de Educación Primaria.

. Actualización sección "Actividades para todas e todos".

Aprende Ciencia na casa. Actividades para todas as idades, aínda que a maioría son para maiores de 7 anos.

Actividades da Editorial Vicens Vivens en aberto, para todos os cursos de Infantil e Primaria.

. Videocontos creados por mestres dentro do programa educativo "Nós tamén creamos".

Contos para nenos/as maiores de 7 anos.

 

- Luns, 30 de marzo:

. Actualizado o blog de educación infantil con novas actividades. https://apequenacesta.blogspot.com/

 . Apps para móbil, tablet e computadora. Atópanse nos apartados de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.

. Actividade xestionada pola confederación de ANPAs "Xaque ao virus". Xa a puxemos na web para para darlle mellor visibilidade; está no apartado "Actividades para todas e todos".

. Itinerarios virtuais do Concello pola cidade da Coruña. Na sección "Actividades para todos e todas".

 

- Venres, 27 de marzo:

. Tarefas de Plástica para 3º de Educación Primaria.

. Actualización de tarefas para 5º de Educación Primaria.

. Actualizadas fichas de CCNN de 6º de Educación Primaria.

. Actividades de Inglés para todos los cursos de Educación Primaria.

. Vídeo de Educación Física (Reto de acrosport I).

 

- Xoves, 26 de marzo:

. Cartafol independente para a área de Lingua Inglesa. Trasladamos alí todo o material da área.

. Actualización de actividades no curso de 1º de Educación Primaria.

. Actualización de actividades no curso de 2º de Educación Primaria.

. Actualización de actividades no curso de 3º de Educación Primaria.

. Actualización de actividades no curso de 4º de Educación Primaria.

. Correccións das tarefas de 5º de Educación Primaria da semana pasada.

. Actualización das tarefas de Lengua Española, Ciencias Sociais e Naturais de 6º de Educación Primaria.

. Recomendacións e aplicacións do Departamento de Orientación. Creouse un cartafol independente para o Departamento.

 

- Mércores, 25 de marzo:

.. Conto: Rosa contra o virus. Sección "Actividades para todas e todos".

. Actividades da especialidade de Educación Musical. Creado un novo apartado.

. Vídeo de Educación Física (Oca da condición física).

 

- Martes, 24 de marzo:

. Fichas de la primavera para todos los cursos de Educación Infantil. En cada curso aparecen las correspondientes.

. Manualidades de la Primavera. Aparecen en cada curso de Infantil, pero son las mismas para los tres.

. App para lectura gratuita de libros. Sección Biblioteca. Importante: NO cambieis la contraseña. Es única para todos.

. Actividades de Religión Católica para todos los cursos de Educación Primaria.

. Actividades de Plástica para 4º de Educación Primaria.

 

- Luns, 23 de marzo:

. Actividades de Plástica para 6º de Educación Primaria.

. Webs de Inglés para todos os cursos de Educación Primaria.

. Apps de Inglés para 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

. Vídeo de Educación Física (Bólas malabares).

 

- Domingo, 22 de marzo:

. Actividades para casa. "Niños 2-3 años". Sección 4º de Educación Infantil.

. Karaoke para adultos e infantil. En Actividades para todas e todos.

 

- Sábado, 21 de marzo:

. Xogo JUST DANCE, para bailar de 1 a 4 xogadores seguindo un vídeo de youtube. (Actividades para todas e todos).

. Conto: Coronavirus non é un príncipe (nin unha princesa) (Actividades para todas e todos).

 

- Venres, 20 de marzo:

. Vídeo de Educación Física (Burpees).

. Engadidas cancións de inglés para 1º, 2º e 3º EP.

 

- Xoves, 19 de marzo:

. Vídeo de Educación Física (Salto con comba).

. Engadidas 41 manualidades para facer na casa.

. Engadidas as correccións para a primeira tanda de tarefas de lingua inglesa.

 

- Mércores, 18 de marzo:

. Actualización de actividades variadas no blog de EI.

. Actividades de relixión evanxélica para EI.

. Actividades físicas, ioga e zumba.

 

- Martes, 17 de marzo:

. Vídeos na área de Educación Física (Presentación; Mobilidade articular; "7 minutes").

. Traballo de Relixión Evanxélica (todos os cursos).

. Carta informativa de Ciencias Sociais, 6º EP.

Xaque ao virus

O luns 23 de marzo, deu comezo a proposta de lecer on-line "Xaque ao virus" que levan a cabo os educadores dos Programas de Lecer da Federación Provincial de ANPAs.

O Xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos necesarios para derrotar ao coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral.

Os retos serán probas sinxelas a superar para acumular puntos para o teu colexio. Publicaranse no blog do xogo os luns, mércores e venres ás 12:00 h.  DISPÓS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.

É moi sinxelo bastará con que envíes unha foto do reto ou un vídeo á dirección de correo electrónico do blog do teu colexio. A dirección do blog do noso centro é:

     https://fapasmanuelmurguia.blogspot.com/                     E-mail: fapasmanuelmurguia@gmail.com

SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES LECTIVAS

Acaba de chegar esta información por parte da inspección educativa:

" Tal e como comunicou o Presidente da Xunta de Galicia en rolda de prensa se suspenden as actividades lectivas en tódolos niveis nos centros educativos de Galicia oficialmente o luns 16/03/2020 e de xeito recomendable a partir de mañán 13/03/2020".

Pregamos a maior difusión posible.

INFORMACIÓN DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2020-21

Adxúntase información variada sobre o proceso de admisión. Recoméndase ler especialmente o documento de información ás familias:

  • Decreto 254/2012, de 13 de decembro polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • Orden 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados  con fondos públicos. Refundida coa orde do 25 de xaneiro de 2017. 

 

        O criterio complementario do centro que valerá 1 punto no baremo obterase sempre que se solicite un centro público como primeira opción.

PERMANECEN ABERTOS OS DOUS CENTROS DA ZONA

Acábannos de comunicar que de cara ao ano que vén permanecerán abertos ambos centros da zona:

 

CEIP PLURILINGÜE MANUEL MURGUÍA

CEIP NOVO MESOIRO

 

Rogamos deades a maior difusión posible a esta nova.

ADMISIÓN PARA O CEIP NOVO MESOIRO

A admisión para o centro de nova apertura CEIP NOVO MESOIRO realizaráse no CEIP ALBORADA.

 

 

Xornada de Portas Abertas do IES ELVIÑA

Comunicamos a información relativa á xornada de Portas Abertas do IES Elviña, instituto ao que está adscrito o noso centro.

DÍA: MÉRCORES 5 DE FEBREIRO

HORA: 18:00

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

VIDEOS DO FESTIVAL DE NADAL

AQUÍ PODEDES VER AS ACTUACIÓNS DO FESTIVAL DE NADAL

4º E. INFANTIL (3 ANOS)

5º E. INFANTIL (4 ANOS)

6º E. INFANTIL (5 ANOS)

1º E. PRIMARIA

2º E. PRIMARIA

3º E. PRIMARIA

4º E. PRIMARIA

5º E. PRIMARIA

 

PARADAS DE AUTOBÚS

Asignación de paradas para o curso 2019/20

Rogamos a maior difusión posible.

Algúns alumnos/as de 4º de EI aparecen desprazados de parada explicarase a razón na reunión de setembro.

Por favor, no caso de atopar calquera erro poñerse en contacto co centro no correo:

ceip.manuel.murguia@edu.xunta.es

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut