Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2016/17.

O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro.

Prazo de presentación da solicitude: ata o 23 de xuño de 2016.

Publicación da listaxe provisional do fondo libros: o 6 de xullo.

Publicación da listaxe definitiva do fondo libros: o 8 de xullo.

Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace.

Documentos para descargar: