Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 2024 - 2025

 

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2024-2025, será do 1 ao 20 de marzo ambos os dous incluídos. Nas seguintes ligazóns dispoñedes de información sobre o procedemento:
 
Información e vacantes

Impreso de solicitude (galego)

Impreso de solicitude (castelán)

Resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de outubro de 2022

Criterio complementario

Mapas de influencia

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

As xornadas de portas abertas terán lugar o vindeiro luns 19 e  luns 26 de febreiro en dúas quendas, ás 17:00h e ás 18:00h. É preciso facer reserva de  data e horario da visita na administración do centro, chamando ao teléfono 981 292 235  ext.:100

 

 

Para que poidades coñercernos un pouquiño mellor deixamos aquí este video que elaboramos hai un tempo no que amosamos os diferentes espazos e instalacións. Se tedes calquera dúbida estamos a vosa disposición no teléfono e enderezo electrónico do noso centro. Agardamos que vos guste!!

 

 

Tamén deixamos aquí un tríptico de BENVIDA ao noso centro!!

 

CALENDARIO 2024

 

Por segundo ano consecutivo todo o alumnado do centro participou na elaboración dun calendario anual. Esta actividade foi realizada en coordinación por todos os Equipos de Dinamización, Plans de Formación e Proxectos de Innovación nos que participa o Centro. A temática do calendario deste curso está enmarcada dentro do proxecto de centro, Mulleres que abren camiño. As ilustracións foron realizadas polos difrerentes grupos de alumnado, que reproduciron unha obra dunha pintora recoñecida, tanto do ámbito nacional coma internacional, para o que empregaron distintas técnicas e/ou materiais. Estes calendarios supoñen, ademais, unha ferramenta de traballo e están presentes en todas as nosas aulas. 

Se alguén o desexa pode descargar unha copia do calendario premendo na imaxe ou na ligazón que aparece  ao pé desta publicación. 

RESERVA PRAZA NO IES OTERO PEDRAYO

O prazo de solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Primaria que cursará estudos de 1º da ESO no IES Ramón Otero Pedrayo (centro adscrito) é do 15 de xaneiro  ao 05 de febreiro.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación admisióndealumnado, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no noso centro co formulario normalizado ED550A, que poderán descargar en formato PDF editable e que figura como documento adxunto no pé desta entrada.

A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade non emancipado (Anexo I). Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos (Anexo I-Bis). 

A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do incio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar á perda de prioridade.

Máis información na Orde do 21 de outubro de 2022 e no Decreto 13/2022 do 3 de febreiro

FELICES FESTAS!!

 

Alina Teliatnikova 6ºA Educación Primaria

 

 

A comunidade educativa do CEIP María Pita deséxavos unhas Felices Festas e un próspero ano 2024!!!

VOTACIÓN FINAL ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS!!

Convidamos de novo a toda a comunidade educativa a apoiar a proposta de investimento nos orzamentos participativos do Concello da Coruña, solicitada pola ANPA Xanela,  para lograr melloras no noso centro. Estamos na fase final!!!

Podedes votar pola nosa proposta de xeito presencial en varias ubicacións indicadas no cartel. Destacamos que o luns 30 poderedes votar pola  mañá no mercado de Elviña e pola tarde no centro cívico do Castrillón. Tamén se pode efectuar o voto de xeito telemático na seguinte ligazón:

 https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/7/investments/4641

 

Entre todos/as conseguiremos mellorar as instalacións!!!

ACONDICIONAMENTO E PINTADO DOS MUROS INTERIORES DO CEIP MARIA PITA

 

Convidamos a toda a comunidade educativa a apoiar a proposta de investimento nos orzamentos participativos do Concello da Coruña, solicitada pola ANPA Xanela,  para lograr melloras no noso centro. 

Podedes votar pola nosa proposta de mellora ata o 10 de outubro na seguinte ligazón:

 https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/7/investments/4641

CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024

 

Solicitáronse á Xefatura Territorial os días 13 de outubro e 20 de maio coma  días de carácter non lectivo. 

REUNIÓNS INICIAIS COAS FAMILIAS

No seguinte documento adxunto poden consultar as datas das reuniones iniciais coas familias:

BENVIDOS/AS!!

Prezadas familias,

Todo o profesorado do centro así coma o Equipo Directivo quere darvos a BENVIDA ao novo curso escolar e desexarvos un FELIZ CURSO!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut