Información de interese sobre o servizo de comedor
SERVIZO DE COMEDOR
Directora |
|
Coordina ao persoal de comedor . Elabora os menús xunto coa encargada, que logo serán aprobados no Consello Escolar |
Encargada |
María Dolores Domínguez Gómez |
Organiza quendas de vixiancia e servizo de alimentos. |
|
Colaboradores |
|
Coidan hábitos e comportamento no comedor. Serven por quendas os alimentos aos compañeiros/as |
|
Cociñeiras e Axudantes |
|
Realizan o menú e labores de limpeza e hixiene da cociña |
O horario de comedor comeza ás 13:00 horas, coa comida do alumnado, o cal ao rematar é atendido por o persoal colaborador ata a hora de entrada á sesión da tarde.
Pode facer uso deste servizo todo o alumnado do centro.
O servizo de comedor escolar réxese segundo o programa de “Menús saudables” organizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria” e a Universidade de Santiago de Compostela, recollendo os seguintes obxectivos:
1. Desenvolver e fomentar hábitos alimentarios saudables dende a escola, educar nutricionalmente, ensinar un comportamento social e ser centro de desenvolvemento de habilidades e de convivencia.
2. Cubrir unha parte importante das necesidades nutricionais dos nenos, proporcionando menús escolares saudables. As outras comidas do día deben achegar o resto das cantidades axeitadas de enerxía e de macro e micronutrientes, que permitan un bo estado de saúde e un crecemento óptimo durante a idade preescolar, escolar e adolescente.
3. Proporcionar unha alimentación variada para garantir a inxestión suficiente e adecuada de nutrientes e enriquecer a capacidade de adaptación do neno/a aos diferentes alimentos, sabores e texturas.
4. Educar á familia a través dos hábitos dietéticos adecuados dos nenos/as e involucrala no programa do comedor escolar.
5. Favorecer a integración do profesorado no proceso de educación nutricional na escola.
No caso de que algún alumno/a teña intolerancia ou alerxia a algunha comida ou compoñente, deberao comunicar á dirección do centro antes de facer uso do servizo de comedor.
