Os Maios

 

 

 

 

CARTA DOS MAIOS

Queridos todos:


Que ben que por fin chegamos !!
Cada ano que pasa faise máis complicado chegar onda vós. As rúas teñen cada vez máis atrancos con tantos e tantos maios de area e cemento que algúns se empeñan en facer. Din que non hai solo para chantalos, pero nós vemos que ano a ano medran e medran coma champiñóns.
Son tan grandes que non deixan pasar o sol; por culpa deles non podemos ver o mar e, algúns, botan uns fumes cheirentos que non hai quen respire...
A verdade, é que a nós non é que nos chisten moito pois, eses maios de area e cemento están a invadir o campo onde  medramos e...xa se sabe que, cando non podes vivir na terra...tés que emigrar a outras mellores...
        O caso é que outra vez estamos aquí e agardamos poder celebrar todos xuntos durante  moitos anos que xa estamos de novo na primavera.


        Recibide moitos bicos da nosa pandilla.
Os fiunchos, as margaridas, os ramallos, as flores, as laranxas e demais familia.


 

 

Di a copla que cando marzo é airoso e abril chuviñoso, o mes de maio será florido e fermoso.


Di a lenda que o 1 de maio, o inverno e a escuridade morrían porque era o día no que chegaba o maio, e toda a natureza renacía en cores e olores.


Maio, inicia por tanto o ciclo agrario, e trae con el a fertilidade.
Desaparecen as chuvias de abril e dan paso aos primeiros raios de sol. Estamos no mes de maio. Comeza un novo ciclo natural que para os labregos é un motivo de celebración.
A primavera estoupou. O universo volveuse vexetal. Hai árbores vestidas de cor e de flores. A xente baila e celebra o triunfo da vida. A ledicia vital da primavera exprésase nesta festa.   

 

Que é un MAIO?


  COMO FACEMOS OS NOSOS MAIOS


 



 

 CANTAMOS  AO  MAIO

 

 

 


Agroman as flores
nos eidos galegos,
espertan as árbores
e cantan os merlos.

Canta, cuco,
Canta cuco,
que tamén canta a bubela.
Cantan os paxaros todos
Cando chega a primavera.

Escóitase a vida
que roxe con forza,
na ialma da terra
e no sangue das mozas.

A terra espreguiza
do seu longo sono
Espertan as follas
e veñen os froitos.

Bufandas e abrigos
botas e zapatos
quedan descansando
nos vellos faiados

levantamos o maio!!...  deixémolo falar!!
que conte o que pasa no “MESTRES GOLDAR”