Skip to Content
 A nosa mascotaLeo: A nosa mascota

BENVIDOS A PÁXINA WEB DO CEIP MILLADOIRO

                                     DEFENDEMOS A ESCOLA PÚBLICA

Ventorrillo, s/n
15113 Malpica de Bergantiños
(A CORUÑA)
Teléfono: 881 880 736/ 881 880 737
Fax: 881 880 738
Email: ceip.milladoiro@edu.xunta.es
Blogue de biblioteca: bemilladoiro.blogspot.com

Festival dos soños 2016

O pasado venres, 20 de maio, vivimos unha xornada de convivencia no Couto para festexar o Día das Letras Galegas. Alumnos e alumnas de distintos centros escolares, Cabana, Laxe, Malpica, Ponteceso, Buño...participaron no Festival dos soños con  interpretacións de cancións e poemas de Manuel María, autor homenaxeado este ano.

A xornada terminou coa actuación de Uxía Senlle, Santi Cribeiro e Magín Blanco que interpretaron cancións do seu albúm Canta o cuco.

O resumo de esta xornada quedou recollido en La Voz de Galicianun vídeo resumo e no seu albúm fotográfico.

No mes das Letras... Manuel María

O mes de maio no CEIP Milladoiro é o mes das letras, realizando múltiples actividades que este ano xiran entorno a Manuel María, escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2016. Entre todo os membros do centro fixemos esta fermosa decoración que adorna a entrada da biblioteca, baseándonos no seu libro Soños na gaiola. Tamén fixemos a nosa propia versión do poema O galo, podendo ver o vídeo no blogue da biblioteca.

Onte foi o Festival das Letras onde os nenos e nenas participaron co recitado dos seus poemas, a ledicia das súas cancións, co rapeado dos versos de Manuel María, a narración da súa historia, das curiosidades dos seus poemas...

Podedes ver todas as imaxes do festival na entrada do blogue da biblioteca.

DÍA DO LIBRO (23 de abril)

O pasado venres, 22 de abril, festexamos no centro o Día do Libro. Xa son varios anos que levamos a cabo esta actividade na que os maiores convértense en madriñas e padriños lectores dos mais pequenos. Todas as fotos as podedes ver no blogue da biblioteca.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2016/2017

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

PARA O CURSO 2016-2017 ABRIRASE AO LONGO DE TODO O MES DE XUÑO DO 2016.

A documentación necesaria para a formalización da matrícula é a seguinte:

  • Certificado de residencia (solicítase no Concello).
  • Informe médico sanitario (SÓ SE PADECE ALGUNHA MINUSVALÍA).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia das vacinacións.

VISITA DE VIKI RIVADULLA

O pasado mércores, 9 de marzo, recibimos a visita da artista galega Viki Rivadulla. Mostrou os cativos parte do seu traballo onde plasma moi ben a forza das mulleres traballadoras, así que con ela  e coa súa obra conmemoramos tamén o Día da muller. Fotos da súa visita e traballos realizados a partir da súa visita podedes encontralos no blogue do proxecto do centro Pintamos moito.

INAUGURACIÓN AULA DE COCIÑA

O pasado luns 29 de febreiro inauguramos a AULA DE COCIÑA, un proxecto moi codiciado no que participou toda a comunidade educativa: mestres, equipo directivo, ANPA e o concello. Como convidados de honra acompañounos Fernando Agrasar, estrela Michelín e dono do restaurante As Garzas e Carmen Trigo, cociñeira aficionada que imparte cursos de cociña na localidade. Mais información e as fotos da inauguración podedes atopalas no blogue da biblioteca.


DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Entre todo o alumnado do cole elaboramos un mural para conmemorar o día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, coa técnica de colaxe seguindo o estilo de Andy Warhol. Ademais, a partir da proposta de AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) os nenos e nenas elaboraron unha postal cun verso dun poema de Rosalía e un debuxo que represente dita composición.

TELÉFONOS

ENTROIDO 2016

Este ano tivemos un entroido moi artístico xa que contamos con pintores, ceras, lápices, afilas, as menimas de Velázquez, unha representación de Dalí, superpintores... e, incluso, un ladrón de arte. O tempo acompañounos así que tivemos un gran día de festa, desfilando e queimando o farruco na praia. Todas as imaxes resumo deste entroido no blogue da biblioteca e no blogue "pintamos moito".

Distribuir contido


by Dr. Radut