Skip to Content

Circulares

circulares

Actividades de centro 2022/23: Educando en comunidade!

Como cada curso escolar, entre todos os equipos creativos de traballo, organizamos a proposta de actividades anuais en relación co Proxecto Documental Integrado que nos ocupa, de ahí o carácter curricular e avaliable: actividades pedagóxicas para todos/as e avaliadas polo Consello Escolar (incluídas na Programación Xeral Anual).
Actividades onde priorizamos as relacións interniveis e, sempre, en estreita colaboración coa comunidade educativa: familias, Concello, asociacións culturais...
Iniciamos un curso no que a desexada "normalidade" nos permite retomar actividades que nos son propias e nas que queremos recuperar a xuntanza de todos/as en actividades significativas e variadas que atendan ao desenvolvemento competencial do alumnado.
Esta proposta de actividades apóiase no noso proxecto de centro: educación inclusiva, equitativa e de calidade no rural.
Por todo o antedito solicitamos, un curso máis, a colaboración de toda a comunidade. Comunidade que necesita de autocrítica construtiva para mellorar e avanzar no longo camiño educativo (aprendizaxe ao longo da vida), acorde ao tempo no que vivimos: século XXI.


CIRCULAR DE INICIO DE CURSO

Fondo Libros 2022-2023

Estimadas familias:

No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 18 de maio de 2022 sae publicada a Orde do 29 de abril de 2022  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 

Destinatarios:

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO).

En 3º e 5º de EP e 1º e 3º da ESO permitirase a substitución dos libros de texto para a adaptación aos currículos que establece a Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de modificación da Lei orgánica de educación (LOMLOE).

En 4º e 6º de EP e 2º e 4º da ESO manteranse os libros de texto do curso 2021/22.

 

 - Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición segunda (necesidades específicas de apoio educativo).

 

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 

Presentación de Solicitudes:

-Preferiblemente vía electrónica https://www.edu.xunta.es/fondolibros. Neste caso cubrirase 1 solicitude por cada fillo/a.

 

-Presencial na secretaría do centro. Neste caso cubrirase 1 solicitude para tódolos irmáns que cursen no mesmo centro. Os impresos para as solicitudes estará dispoñible:

a) No portal educativo, no enderezo http://www.edu.xunta.gal

b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

d) No propio centro. (Anexo I e Anexo II).

 

Documentación complementaria:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Outros documentos:

c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

Prazo para presentar as solicitudes:

Do 19 de maio  ao  22 de xuño de 2022.  Rogamos que entregades a solicitude o antes posible para evitar aglomeracións nos últimos días e se faga dunha maneira escalonada.

Calendario:

- 17 ao 22 de xuño: devolución de libros de texto.

- 22 xuño: remata prazo de presentación de solicitudes.

- 4  xullo: publicación listaxe provisional (indicando causa de exclusión).

- 6 xullo: publicación listaxe definitiva.

- 7 e 8 de xullo: entrega de cheques.

Distribución de máscaras

Según a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado, ábrese o prazo para presentar solicitudes de adquisición de máscaras.

Esta axuda vai dirixida ao alumnado matriculado en Educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial: 

1. Fora beneficiario da axuda para adquirir material escolar (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE).

2. Non fora beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 EUROS.

b) Esté matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

Non terán que presentar a solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22.

Para o resto das familias o prazo de presentación é do 15 ao 26 de novembro e tedes toda a información na sede electrónica, onde tamén podedes descargar o formulario ou pedilo no centro.

Podedes descargar o impreso no seguinte enlace: Anexo I e Anexo II.

Protocolo COVID-19 (provisional) CEIP Milladoiro

Estamos de volta no cole e temos que adaptarnos a nova normalidade, seguindo as directrices marcadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia elaboramos o Plan de adaptación á situación Covid-19 axustado á realidade do noso centro. É un documnento provisional sobre o que traballar polo que incorporaremos todas as novidades e reorganizaremos según esixa a realidade sanitaria do momento. Non incluímos o anuncio da obrigatoriedade de uso de máscara para os nenos/as maiores de 6 anos porque é unha proposta de Galicia para a reunión do 27 de agosto das comunidades autónomas.

O protocolo podedes consultalo no seguinte enlace, que inclúe nos anexos o plan de contención e o plan de acollida. Tamén podedes consultar un resumo que presentaremos ás familias nas reunións de inicio de curso que se celebrarán antes do comezo das clases.

- Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020/21.

- Resumo do plan de adaptación.

A día de hoxe as instrucción son as de comezar as clases de maneira presencial o 10 de setembro todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria, estando pendente da evolución da pandemia e do que ditaminen as autoridades sanitarias. Polo que adxuntamos o noso calendario escolar que desexamos poder cumprir (faltarían os dous días non lectivos elexidos polos claustro).

Para resolver calqueira dúbida a partir da próxima semana podedes chamarnos por teléfono ao centro ou enviarnos un correo electrónico: ceip.milladoiro@edu.xunta.gal.

Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de COMEDOR ESCOLAR (como consecuencia do COVID-19)

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA CORONAVIRUS: COVID-19

 

1. A qué persoas vai dirixido?

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas

as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

 

E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo.

 

2. En qué consiste a axuda?

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

 

E dicir, axúdase economicamente a manutención do alumno/a que é o que se viña a facer no centro educativo, por iso non pagaba os 4,50€ de comedor por día que sería o tope máximo a pagar.

 

3. Qué axuda se vai a percibir?

(2,50 €) no casos de alumnado gratuidade total

(1,50 €) para o alumnado que paga 1€

 

4. Qué días cubre esta axuda?

Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.

Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.

 Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio (non incluído por ser festivo)

5. Cómo se vai a pagar?

 En dous pagamentos.

 1 pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).

 2 pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.

 

 6. Quen son os beneficiarios?

 Familias que cumpren os requisitos económicos (punto 2) cun ou máis fillos escolarizados en centros educativos ó cargo da Consellería de Educación.

  

7. Cómo presentar a solicitude e qué prazo hai?

 Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.

 

  Presentación: Forma electrónica sempre, de dúas formas:

 

1.  

Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 Para elo é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.

 

2. Dirección do centro: enviando un correo electrónico a ceip.milladoiro@edu.xunta.gal cos seguintes datos:

 

DNI do pai ou nai:

 Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€

 Nome do alumno/a:

 Nome do pai/nai:

 Número de cuenta bancaria:

 

 

 8. Publicítase a resolución das familias beneficiadas?

 NON, porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de

xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

 

Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria.

  

9. Canto tempo tarda en resolverse a resolución?

 10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

 

10. Canto tempo tarda a Xunta de Galicia en aboar o pagamento?

 5 días dende que salga a resolución.

Toda a información a podedes consultar na Orde do 27 de marzo do 2020 polas que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar.

Calquera dúbida podedes consultarnos a través do correo electrónico do centro ou por teléfono.

 

 Atentamente a dirección do CEIP Milladoiro.

 

Asdo. Mª Olga Rodríguez Díaz.

CIRCULAR INFORMATIVA CURSO 2019/2020

Toda a información relativa o funcionamento do centro para este curso 2019/20 queda recollida na seguinte circular que tamén foi remitida ás familias:

AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2018/2019

Coa finalidade de axudar ás familias establécese unha nova liña de axudas para a adquisición de material escolar e a participación no fondo solidario de libros, quedando as bases recollidas na ORDE do 9 de maio do 2018 (pódese consultar premendo enriba da orde).

Esta orde ten por obxecto regular para o curso 2018/19 no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos:

a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.

c) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP.

Os formularios de solicitude poderán descargalo en formato PDF no seguinte enlace:

- Formulario de participación.

DATAS:

 

CALENDARIO

19-21 Xuño

Devolución de libros de texto

22 Xuño

Remata prazo de solicitude

30 Xuño

Publicación listaxe provisional (indicando causa de exclusión)

4 Xullo

Publicación listaxe definitiva

5 e 6 Xullo

Entrega de cheques

Distribuir contido


by Dr. Radut