Benvidos á web do noso cole

 

Teléfono e Fax982400442

609906524
Enderezo postal

Emilia Casas Baamonde s/n . 27400 Monforte de Lemos

Correo electrónicoceip.monforte@edu.xunta.es

BIBLIOFORTE

Accede ao novo blog da nosa biblioteca, clicando sobre o enlace


BIBLIOFORTE

Leer.es

Novo portal adicado ao fomento da lectura.


 



 


 

Antes de publicar a túa imaxe... pénsao!

CAMPAÑA TELEVISIVA POLO USO RESPONSABLE DAS IMAXES EN INTERNET

O Valedor e a CRTVG colaboran na difusión en Galicia dun "anuncio" que fomenta a responsabilidade dos menores ao "colgar" fotos en Internet.


 


---- Foto


O Valedor do Pobo e a Compañía de Raio e Televisión de Galicia (CRTVG) colaboran na difusión en Galicia dun anuncio televisivo elaborado polo Defensor do Menor da Comunidade ed Madrid, que pretende sensibilizar os adolescentes na responsabilidade que supón "colgar" as súas imaxes ou gravacións na rede. O anuncio emitirase de xeito intensivo dende o próximo 1 de agosto, e durante mes e medio, en horarios de máxima audiencia xuvenil.


O anuncio forma parte da campaña Antes de colgar a túa imaxe na web, pénsao, desenvolvida polo Defensor do Menor da Comunidade de Madrid, en colaboración coa Obra Social de Caja Madrid e Telefónica, estreada con grande éxito hai un mes. Esta entidade cede ao Valedor agora a posibilidade de difundir de xeito gratuito o spot na nosa comunidade. En virtude do acordo acadado coa CRTVG se reservan os espazos na TVG, e a compañía televisiva comprométese a facer a dobraxe ao galego para a súa emisión no próximo mes.


O Valedor do Pobo apoia deste xeito a iniciativa que aspira a concienciar aos adolescentes no bó uso de Internet e das redes sociais, e máis concretamente na responsabilidade que supón colgar imaxes e vídeos que, polo feito de publicalos, pasan a ser de todos. A mensaxe insiste en que calqueira pode facer o uso que desexe con este material, incluso producindo efectos perniciosos ou non desexados polo seu propietario.


"O uso das novas tecnoloxías por parte dos menores é un dos asuntos que máis preocupa a esta institución", manifesta o Valedor do Pobo, Benigno López, e asegura que "moitos dos dereitos que temos que salvagardar dende a institución, refiridos aos nenos, quedan desprotexidos nas novas tecnoloxías que, ademais de servir como canle para protexelos e como medio para a súa difusión, poden converterse en instrumentos moi asequibles para calqueira que teña en mente facer dano".


Para conseguir o seu obxectivo, o anuncio conta a historia dunha moza que comproba como diferentes personaxes descoñecidos por ela, a identifican e mesmo fan comentarios e adoitan actitudes que lle incomodan. Ao remate vese a esta rapaza que chega ao instituto onde colgan das paredes centos de retratos seus e todos os compañeiros teñen unha imaxe dela no seu móbil. A escea final reflicte a fuxida da menor polas rúas onde choca cun rapaz que reparte as súas fotos, o que fai que estas saian voando a centos hacia o ceo.


Inspirado nun de Estados Unidos
O spot esta inspirado nun semellante difundido nos Estados Unidos, aínda que como novidade inclúe o uso da telefonía móbil vencellada con Internet e as redes sociales, tan arraigada entre a xuventude. Ao mesmo tempo que o seu estreo televisivo, o arquivo de vídeo ponse a dispor de todos os interesados na páxina web do Valedor do Pobo: www.valedordopobo.com.


O apoio do Valedor do Pobo a esta campaña é froito do seu compromiso para coa protección dos dereitos dos nenos, un colectivo ao que dirixe especial atención dentro da sociedade galega dada a súa vulnerabilidade. A cooperación coa TVG neste tipo de iniciativas tampouco é nova xa que tamén contribuira á difusión o pasado mes de novembro doutra campaña televisiva para facer un chamamento ás familias galegas contra o castigo físico aos nenos, e que concluiu o pasado xaneiro con grande éxito.


Sentimolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido