Skip to Content

Mellora da convivencia escolar

Estimadas familias:


No marco de mellora da convivencia escolar que promove o Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, pedimos a vosa colaboración para a recollida de datos masiva que ten por obxecto detectar cal é o clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que sexan precisas.


As familias que desexen participar deberán cubrir un cuestionario en liña (un por familia, independentemente do número de fillos no centro). Recibiredes as instruccións e a clave de acceso en sobre pechado. O cuestionario é totalmente anónimo e leva uns dez minutos cubrilo.


Se algún de vós ten dificultades para acceder a internet ou entender as instruccións , non dubidedes en acudir á secretaría do centro en horario de 09:00 a 10:00h, onde vos ofreceremos axuda para cubrilo.


O prazo para cubrir a enquisa é o 30 de novembro.


Agradecemos a vosa colaboración e participación.


Enlace para acceder ó cuestionario



page | by Dr. Radut