Skip to Content

EU COIDO

 

Precioso vídeo editado pola ANPA do centro cos colaboradores do proxecto de igualdade que están a desenvolver e cos nenos que se caracterizaron de coidadoras e coidadores en diferentes campos.

Enlace á páxina web da ANPA.

XX PREMIOS MURALLA DE LUGO

 

Estamos de noraboa!! Un alumno do noso cole, Fernando Alexander León  Cosme, de 6º de primaria, resultou finalista de entre máis de 1000 participantes.

NORABOA FERNANDO!!!!!!!

RADIO NA BIBLIO

PASADO PRESENTE E FUTURO DOS COIDADOS

Animamos ao noso alumnado a participar no concurso promovido pola ANPA, enmarcado do proxecto de igualdade no que están a traballar.

O prazo remata o vindeiro 4 de decembro.

TRÍPTICO DO CONCURSO

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA

Queremos agradecer á ANPA as actividades que está a desenvolver no centro relacionadas co seu proxecto de igualdade, "Educar en igualdade: eu coido".

Co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria estanse realizando uns obradoiros adicados á afectividade sexual con Raquel Graña. O obxectivo é o coñecemento individual de cada neno e nena para entenderse e entender aos demáis.

PROCEDEMENTO PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

Alumnado destinatario:

ENQUISA SOBRE DISPOÑIBILIDADE TECNOLÓXICA

Necesitamos coñecer as posibilidades tecnolóxicas das familias para ter en conta no caso dun confinamento.

É especialmente importante que cada familia cubra o seguinte cuestionario.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

CONTENEDORES NOVOS PARA RECICLAR!

Dende o cole queremos agradecer o traballo da ANPA e a implicación e colaboración que sempre amosa co Centro.

Grazas ao proxecto de "Voz Natura" no que levan implicados varios anos, puideron dotar ao centro de oito lotes composto por tres contenedores de reciclaxe cada un. Colocámolos en diferentes puntos comúns ao longo do cole.

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut