Rúa Canónigo Valiño, s/n,

 36700 Tui, Pontevedra

TELÉFONO: 886 110 812

TELÉFONO/FAX: 

886 110 813

MÓBIL: 658 227 318

ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

Navegación

Iniciar sesión

Transporte escolar

Transporte escolar

O tranporte escolar é un servizo totalmente gratuito da Consellería de Educación e O.U para  o alumnado que vive lonxe dos centros de ensino (dentro da súa área de influencia), e que non se pode desplazar camiñando tódolos días ao colexio.  

O C.E.I.P Nº1 conta con este servizo para transportar ao alumnado que vive nos arredores de Tui, é dicir fora do casco urbán. 

 

Poden facer uso deste servizo o alumnado de Primaria, e se houbera postos valeiros no autobús, o alumnado de Infantil, sempre que non se incremente o número de autobuses.

 

                                      

 

 

EMPRESA CONCESIONARIA POLA DELEGACIÓN DE EDUCACIÓN: 

 

"MONBUS"

 

MODALIDADE:

 

TRANSPORTE COMBINADO DOS C.E.I.P (s) Nº1 – Nº2 e I.E.S San Paio.

 

O horario de saída pola mañá desde a primera parada

 

  Será en torno ás 8.45 da mañá.    

 

O regreso a casa

 

Ás 14:10 despois de rematado o horario lectivo

 

  

 

RUTAS

PARADAS

RUTA 1: AREAS

Regueiro, Anta de Arriba, Anta de abaixo, Gaios, San Martiño

RUTA 2: BORNETAS

 

Rotonda, Escola, Rafi, Parador

   

 

DEBERES DO ALUMNADO TRANSPORTADO

 

*Estar puntualmente n a parada ás horas de saída do autobús.
*Respectar ao acompañante e ao conductor.
*Mante-la orde establecida polo acompañante para subir e baixar do autocar.
*Non molestar ou perturba-la conducción do vehículo.
*Permanecer sentados durante todo o transcurso da viaxe.
*Axudar aos seus compañeiros menores ou con limitacións físicas.
*Non tirar papeis ou outros desperdicios ao chan ou nos vehículos.
*Non producir danos nos autocares.

Os alumnos non deben acercarse ao autobús  ata que esté completamente parado, nin deben levantarse dos seus asientos durante o traxecto.

 

 FUNCIÓNS DO ACOMPAÑANTE NO TRANSPORTE ESCOLAR

 

Segundo establece o Real decreto 443/2001, do 27 de abril, e co fin de darlle unha maior información a todos os membros da comunidade educativa, fágolle saber cales son as funcións ás que está obrigado o acompañante:

-Coidar da seguridade dos menores durante o transporte escolar e procurar que non se produzan altercados durante as viaxes

 -Encargarse da recollida e acompañamento do alumnado durante o seu transporte así como das operacións de acceso e abandono do vehículo.

 -Comunicar á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria calquera incidencia que atinxa ao alumnado durante o trasporte ou nos momentos de acceso e abandono do vehículo.

 -Coñecer o funcionamento dos mecanismos de seguridade do vehículo.

-Coordinación das operacións de evacuación do vehículo e atención aos feridos, no seu caso, cando se produzan avarías ou accidentes de circulación.


 -Aceptar o control e inspección da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria sobre o servizo de acompañante levado a cabo nos seus autocares.

Tales obrigas reflíctense, textualmente, no Acordo asinado o pasado 20 de marzo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os contratistas do transporte escolar, e deben ser coñecidas polos propios acompañantes.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2006



O Subdirector Xeral de Xestión Orzamentaria e Recursos Educativos Complementarios
Juan C. Porrúa Pardal