Deporte en familia

Deporte en Familia.Carolina de 6ºB ensínanos a ruta de Sendeirismo de Caldelas a Salvaterra.

Deporte en Familia

Carolina de 6ºB ensínanos a ruta de

Sendeirismo de Caldelas a Salvaterra.

18 de abril de 2019.

Fai poucos días, inaugurábase unha nova ruta de sendeirismo entre a parroquia de Caldelas en Tui e o Parque da Canuda en Salvaterra. Unha ruta que vai moi achegada ao Río Miño, pola beira española. O pasado 18 de abril, Carolina de 6ºB e a súa familia dábannos conta dela e facíannos chegar fermosas fotos.

Aquí vos deixamos esas fotos para que vexades o fermoso que pode ser este paseo, para gozar en familia. Unha oportunidade única para facer actividade física, gozar da tranquilidade da natureza e da compaña da familia.

Moitas grazas a Caro e a súa familia por achegarnos unha nova ruta saudable.

Deporte en Familia Nico de 5ºB en Castro Laboreiro na Peneda Geres en Portugal. 9-10 de febrero 2019.

Deporte en Familia

Nico de 5ºB en Castro Laboreiro

no Parque Nacional da Peneda-Gerês, en Portugal.

9-10 de febrero 2019.

O pasado fin de semana, o 9 e 10 de febrero, Nico de 5ºB tivo a oportunidade de desfrutar duns días coa familia en Castro Laboreiro, no Parque Nacional da Peneda- Gerês en Portugal.

Unha viaxe fantástica no que Nico se converteu no noso reporteiro deportivo e fixo unhas fotos estupendas, que vós mesmos podedes valorar. Nico invítavos a desfrutar coas vosas familias deste lugar con encanto que está a poucos kilómetros de Tui.

Moitas grazas Nico, gran traballo.

 

 

 

 

DEPORTE EN FAMILIA: CASTRO LABOREIRO

DEPORTE EN FAMILIA: CASTRO LABOREIRO

SÁBADO 02/02/2019 

Castro Laboreiro é un pobo de montaña en Portugal, a 1 hora e 15 minutos de Tui e se hai neve é un sitio perfecto para pasar un rato xogando, facer monecos de neve e tirarse cun trineo, como fixeron o pasado fin de semana Daniel Docampo, de 4ºA, e Javier Docampo, de 5 años A.

Tamén é un sitio perfecto para visitar en primavera, e ver diferentes cousas que coa neve é máis difícil, como o castelo de Castro Laboreiro, a ponte romana ... 

Pero vaias na época que vaias, as vistas do Parque Nacional de Peneda-Gerês son impresionantes.

Información facilitada pola familia dos alumnos Docampo. Moitas gracias por compartir con nós experiencias tan divertidas e fascinantes.

Rutas con Encanto. Faro de Budiño.

Rutas con Encanto. Faro de Budiño.

Deporte en Familia.

O pasado fin de semana Daniel Docampo, de 4ºA, e Javier Docampo, de 5 años A, foron a visitar o Faro de Budiño cos seus pais.

O Faro de Budiño é o punto máis alto da zona, e desde alí pode verse Porriño, Mos, Tui e Salceda de Caselas. Son un conxunto de rochas que sobresaen da montaña e úsanse para a escalada profesional, pero eles fixeron unha pequena ruta para subir a algunhas rochas que non supuxeran moito perigo. As vistas cun día despexado son preciosas.

Ao comezo da camiñata atopáronse cunha zona recreativa, mesas, asadeiros en pedra e un refuxio de montaña.

Gracias a unhas escaleiras chegaron á parte alta, pero a rocha maior non é accesible porque hai que trepar por ela.

Na parte baixa arrancan varias rutas de sendeirismo para poder pasar unha tarde divertida.

Moitísimas gracias a Dani e Javier Docampo e a súa familia por compartir unha ruta con encanto, para gozar en familia, como é a Ruta do Faro de Budiño. Animámosvos a desfrutar da mesma coas vosas familias.

Deporte en Familia

Deporte en Familia.

Un día en bici con Iker de 5ºB.

Iker de 5ºB quere compartir con nós, un paseo en bici co seu papá, o fin de semana do 28 de outubro de 2018. Xuntos pasaron un día de deporte en familia, no que Iker disfrutou moito. Animádevos todos os alumnos de 5º a disfrutar de moitos días de bici para prepararvos para o Tui en Ruta, que vos espera ao final de este curso.

 

 Gracias á familia de Iker por compartir con nós estes grandes momentos de deporte en familia.

V Andaina Arume de Malvas

V Andaina Arume de Malvas polos Muiños do Río Furnia.

Sábado 27 de Outubro de 2018

O Vindeiro sábado 27 de Outubro terá lugar a V Andaina Arume de Malvas polos Muiños do Río Furnia. Será gratuita para tod@ aqueles nen@s que se animen a participar.Haberá xogos populares, merenda de abondo e algunha sorpresa. Dende o Equipo de Deporte no 2 animamos a todas as familias a participar nesta proposta de actividade que sirve para promover un estilo de vida saudable e feliz. Para anotarse pódese enviar un e-mail a: arumedemalvas@gmail.com ou chamar ao teléfono: 655602787

 

V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS

V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS

O pasado sábado 20 de outubro as profes Eli, Noe, Patri e Sara participaron na V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS, na que camiñaron 8kms terroríficos polos montes de Parderrubias e recibiron algún que outro susto no camiño, de iso se trataba.

Ao rematar, repuxeron forzas cun chocolate quentiño e chouripan!

1ª Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença Domingo 14 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui

1ª Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença

Domingo 14 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui

O pasado domingo 14 de Outubro tivo lugar en Tui e Valença, a 1ª Carreira de Orientación Eurocidade. Foron varios @s alumn@s e familias do noso centro que se animaron a participar, entre eles os alumnos de 5º: Roque, Raúl, Gonzalo e Héctor, tamén se animaron Carolina de 6ºB e o seu pai, a familia Iglesias de Martina de 1º e Carmen de 4º, etc... Todos eles disfrutaron moito da proba, unha sorte poder disfrutar dunha proba de este tipo en Tui e unha sorte que todos os participantes o disfrutaran moito.

 Grazas ás familias de Carolina de 6ºB e de Carmen e Martina Iglesias Estévez por facilitarnos esta información.

Camiño de Santiago. Ponte das Febres

Deporte en Familia.

Camiño de Santiago Portugués. Ponte das Febres.

Carolina de 6ºB e a súa familia, disfrutaron no mes de outubro de 2018 de este entorno natural excepcional e propóñennos disfrutar de deporte familia no Camiño de Santiago Portugués, no tramo da Ponte das Febres. Esta é unha zona moi fermosa, chea de vexetación autóctona, ao lado do río que está moi perto de Tui e que é unha oportunidade única para disfrutar en familia.

Grazas á familia de Carolina por facilitarnos esta información.

Deporte en Familia. Mondariz Balneario en patinete.

 

Deporte en Familia

Mondariz Balneario en patinete

Benito de 3ºA e a súa familia, queren compartir con nós unha ruta en patinete que disfrutaron en familia, no mes de Abril de 2018 en Mondariz.

Mondariz Balneario é un lugar con encanto, moi perto de Tui. Este foi o lugar que Benito escolleu para disfrutar do seu patinete, así visitou o parque de Mondariz, o Balneario, percorreu a Vila e incluso fixo algunha ruta de sendeirismo.

Unha proposta para disfrutar de un fin de semana de deporte e familia, que vos deixamos aquí para que vos animedes a disfrutalo coas vosas familias.

Información facilitada pola familia de Benito de 3ºA. Moitas gracias familia, por achegarnos a estes entornos naturais máxicos.

Deporte en familia

Actividades de Nadal en Familia na Eurocidade Tui-Valença

 Este nadal disfruta das actividades en familia, que nos ofrece a Eurocidade Tui-Valença. Una oportunidade de disfrutar xunto coas nosas familias, da programación cultural, deportiva e lúdico-festiva que nos ofrece  o nadal na Eurocidade.

Dende o 1 de Decembro e até o 8 de Xaneiro, a Eurocidade acollerá a celebración de máis de 40 actividades de ocio e deportivas.Música. 

  1. A música será  protagonista nestas datas na cidade. O 22 de decembro o Teatro Municipal de Tui acollerá o Concerto da Orquesta Sinfónica de Tui. A actuación comezará ás 21:00 e a entrada será de balde.1.
  2. Tren Turístico da Eurocidade. A Eurocidade Tui – Valença seguirá funcionando este Nadal de xeito conxunto o Tren Turístico da Eurocidade namentres que o 5 de xaneiro terá lugar a Cabalgata Internacional de Reis con saída ás 17:00 (hora española) de Valença e chegada ao paseo da Corredoira ás 19:00 horas.
  3. Valença :Duendelandia en Valença. Pista de patinaxe en Valença. Fortaleza de Valença de Chocolate. Máis información en:http://www.littlevigo.com/valenca-do-minho-navidad-2017/

Ruta en Bici á Ponte das Febres.

Deporte en Familia.

Ruta en Bici á Ponte das Febres.

Tui

Javier Castro Gómez de 5 anos A, Daniel Castro Gómez de 3ºC e a súa familia, quere compartir con nós una ruta que disfrutaron en familia o domingo 12 de novembro de 2017.

Eles disfrutaron dunha ruta en bici dende a Veiga do Louro ata a Ponte das Febres, polo camiño de Santiago. Unha ruta moi recomendable para facer en bicicleta en familia, ainda que ten un tramo de carretera, non é perigoso e a súa meirande parte é carril bici.

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vos animedes a facela coas vosas familias.

 Moitísimas gracias á familia Castro Gómez por facer deporte en familia e compartilo con nós.

DEPORTE EN FAMILIA. SENDA DE PUNTA DE FUCIÑO DE PORCO. O VICEDO (LUGO)

Deporte en Familia.

Senda de Punta de Fuciño de Porco

 O vicedo ( Lugo).

Claudia de 5ºA e a súa familia, quere compartir con nós una ruta que disfrutaron en familia a finais do mes de outubro.

Eles disfrutaron dunha fin de semana en familia, percorrendo a ruta de Punta de Fuciño de Porcoen O Vicedo, moi perto de Viveiro en Lugo.

Son varias as sendas para percorrer camiñando que rematan con fermosas vistas ao mar.

Aproveitaron para visitar e disfrutar do “ Banco de Loiba” unha das vistas mais bonitas do mundo.

Moi perto de alí, tamén tiveron a oportunidade de visitar o eucalipto “ O Avó” que foi plantado en 1880 no Souto da Retorta en Viveiro.

E non podía faltar a visita a “ Praia das Catedrais” en Ribadeo. Tiveron que desprazarse un pouquiño, pero pagou a pena.

Unha proposta para disfrutar dun fin de semana de deporte e familia, que vos deixamos aquí para que vos animedes a disfrutalo coas vosas familias.

Información facilitada pola familia de Claudia de 5ºA. Moitas gracias familia, por achegarnos a estes entornos naturais máxicos.

Tamén vos deixamos información de páxinas webs interesantes se queredes saber máis deste entorno: http://www.caminandoentresenderos.com/?p=5178

https://www.escapadarural.com/que-hacer/chavin/o-avo-el-abuelo

https://ascatedrais.xunta.gal/monatr/inicio;jsessionid=kPtlQ+WE0X2iswFoX0qorFol.prd-jboss-c02-0005-hc-001:prd-jboss-c02-0005-hc-001-server-05

 

    
    
 

ANDAINA POLOS MUIÑOS DO FURNIA

IV Andaina Muiños do Río Furnia

Sábado 21 de Outubro 2017

17:00h 

O pasado, sábado 21 de outubro ás 17:00h, tivo lugar a IV Andaina polos muiños do Río Furnía en Malvas.

Foi  unha tarde estupenda de sol para facer a camiñada en familia, de dificultade baixa de dunha duración aproximada de 1:30h, onde tanto grandes como pequenos deixaron voar a súa imaxinación nun entorno natural e máxico, onde ademáis disfrutamos de teatro, castañas, xogos, gaitas, baile e moita festa.

 Do noso centro participaron moitos alumn@s e as súas familias, que nos fixeron chegar fotos do moito que disfrutaron e o ben que o pasaron. Moitas gracias as familias de Diego, Lía, Brais, Roque, Ada,  Arantxa, Lara, Carmen, Martina, Diego etc.. e a todos os antigos alumnos do cole que se animaron a participar Gonzalo, Iago, Borja, Nico, Adri etc..

PARQUE PENA AVENTURA

Deporte de aventura en Familia

Pena aventura Portugal.

Da man do profe Mateo, mestre de música no colexio, e dos nenos do seu colexio de Fisterra, descubrimos o parque de aventura de Portugal  “Pena Aventura”.

El PENA AVENTURA PARK é un parque de actividades lúdicas e deportes de aventura na Ribeira da Pena, no distrito de Vila Real, na zona Norte de Portugal. É un parque para todas as idades, cunha gran variedade de actividades na natureza, coa tirolina máis grande de Europa.

Aquí vos deixamos a súa web por se é do seu interese:http://www.penaaventura.com.pt/

Distribuir contido