Skip to Content

Animación á lectura

Ano do Libro e a Lectura en Galicia 2010

PARTICIPAMOS EN PALABRAS NO AR

Entra nesta páxina web, logo pincha na dereita en localidades na Estrada e  nos verás participando no proxecto palabras no ar.

DÍA DO LIBRO

O día 23 de Abril celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.
No noso centro dedicaremos a semana do 20 ao 24 de Abril a celebrar este evento coas seguintes actividades:


- Sesión de CONTACONTOS: os profesores do centro contarán e representarán contos clásicos na hora do recreo. A asistencia é voluntaria, e está aberta a todos os membros da comunidade educativa (nenos e nenas, profesores e profesoras, pais e nais, avós e avoas...).Para ver o programa preme aquí.


- Actividade CÓNTAME UN CONTO: o día 23 de abril un neno maior lle contará un conto a un pequeno, e o día 24 serán os pequenos os encargados de contar os seus contos aos maiores.


- "MERCADILLO" DE LIBROS USADOS: actividade organizada polos alumnos e alumnas de 5º e 6º, coa que queren recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.Toda a comunidade educativa poderá mercar libros a prezos que oscilarán entre 1€ e 3€.

Distribuir contido


by Dr. Radut