Skip to Content

Servizos

SERVIZOS DO COLEXIO

O CEIP de Oca ten unha serie de servizos á disposición de toda a comunide educativa: Servizo Psicopedagóxico, Biblioteca e Comedor.

 SERVIZO PSICOPEDAGÓXICO:

O Colexio dispón de Servizo Psicopedagóxico que consta de Orientadora, especialista en Pedagoxía Terapéutica e especialista en Audición e Linguaxe, que dan a súa axuda e orientación a profesores, pais e alumnos, na nosa común tarefa educativa.

En calquera momento poden falar con eles previa petición ao titor/a do seu fillo.

BIBLIOTECA:

O servizo de consulta e o de préstamo da biblioteca  do Centro, así como a utilización dos ordenadores, está a dispoñibilidade de toda a comunidade: pais, nais, parentes, antigos alumnos... Poden acceder a máis información no apartado correspondente desta páxina web.

COMEDOR:

· Estará aberto desde  o día 1 de Outubro ata o día 31 de maio, de Luns a Xoves.
· Os nenos estarán vixiados por monitores dende as 13,35h. ata as 15,30h.
· Poden asistir nenos e nenas de todas as idades.
· Poden apuntarse para todo o curso ou días soltos, basta con avisar o mesmo día a 1ª h da mañá.



 

Distribuir contido


by Dr. Radut