try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

20-12-13 Festival de Inverno

Queridas familias:

O vindeiro día 20, venres, celebraremos o Festival de Inverno no centro.

O horario será o seguinte:

-         

Ás 9:00 Papá Noel virá a entregar os agasallos  aos nenos e nenas

-         

A partir das 11:30 comezará o Festival ao que estades convidad@s tod@s.

-         

Unha vez remate o Festival (sobre as 12:30), a ANPA procederá a sortear as cestas de Nadal, así que recordade traer as vosas papeletas, ou as dos que non poidan vir. Unha vez remate o festival e o sorteo iremos ao ximnasio a facer unha degustación dos produtos de Nadal.

-         

Á 13:30 regresaremos ás aulas a recoller as notas.

-         

Voltaremos ás aulas o 9 de xaneiro, xoves.

Bo Nadal  para tod@s e feliz ano!

 

Claustro de mestres e ANPA Río de Va

 

 

*Infórmase que o centro non se fai responsable das fotos/vídeos que se fagan nesta actividade con teléfonos móviles, cámaras, etc.