try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

Mercadiño de Inverno da nosa biblio

Biblioteca “Paula Carballeira”: decembro 2014

Benqueridas familias:
O rato gordecho e mais eu queremos pedir a vosa colaboración unha vez mais.
Sabedes que os nosos nenos e nenas son grandes lectores e xa que logo a nosa biblio precisa renovarse.

Temos libros que estiveron con nós durante moito tempo. Eses libros fixéronos pasar bos ratos, emocionáronos, aprendéronos moitísimas cousas do mundo e da xente, algúns xa foran agasallos vosos, que xenerosamente nolos trouxéchedes cando xa os lérades... Mais xa é hora de despedírmonos deles. Cústanos moito facelo; é triste cando un amigo marcha. Por iso, pensamos darlles unha última oportunidade de quedar perto de nós e ao mesmo tempo practicar iso que tanto nos gusta: SOLIDARIEDADE.

O día 19 de decembro, DESPOIS DO FESTIVAL estarán á venda (1€) para tod@s aquel@s que queiran colaborar.

A recaudación será a beneficio da COCIÑA ECONÓMICA.

Miañadiñas e ronroneos
Mica Bigotes