try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

17-6-2015 Saída fin de curso á Granxa Escola do Souto

O vindeiro día 17 mércores iremos á Granxa Escola do Souto. Comeremos alí. Non olvidedes levar roupa cómoda e poñer crema solar. Levade mochilas pequenas e unha gorra. As comidas en recipientes non de cristal e recordade que levamos o teléfono móbil do cole. Contactaremos coa presidenta da ANPA se nos retrasamos. Colleremos o tren ás 17:10 en Mera e chegaremos ao centro sobre as 18:30 máis ou menos.

Se queredes saber máis sobre esta granxa escola premede no link:

 

http://www.granxadosouto.es/

 

 

 

ACTIVIDADE:

SAÍDA FIN DE CURSO – Granxa Escola do Souto

en Mera (Ortigueira)

ETAPA

E. Infantil e E. Primaria

NIVEL

Todos

PROFESORADO IMPLICADO

Todos

DESTINO

Mera (Ortigueira)

DATA HORARIO:

Mércores 17 de xuño

HORARIO: HORA SAÍDA E DE CHEGADA

Saída ás 09:00

Chegada ás 18:30

OBXECTIVOS:

- Convivir e pasar un día xuntos, profesoras e alumnos.

- Participar en actividades programadas polos responsables da granxa, en contacto coa natureza (animal e vexetal).

- Coñecer un medio de transporte, pouco utilizado polos alumnos e alumnas, o TREN.

CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

CL

- Comprender explicacións orais relativas a vida dos animais

- Ampliar vocabulario específico

CM

- Realizar distintos cálculos

CIMF

- Comprender as relacións entre a natureza e a acción dos homes.

- Comprender a importancia de coñecer os coidados que necesitan os distintos animais.

- Coñecer distintos medios de transporte

TICD

- Buscar información sobre a granxa e as súas actividades

CAC

- Planificar unha acción, levala a cabo e concluila en colaboración cos demais.

AIP

- Participar nunha saída do colexio relacionándose con outros adultos e nenos