try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

1-4-16 Día da árbore, da poesía e da auga: Adeus ríos, Adeus Fontes

Hai xa un tempo que o Concello de Fene nos propuxo dende a Concellaría de Medio Ambiente celebrar xunto cos demáis centros do Concello estas tres conmemoracións do mes de marzo, que por outras actividades e as vacacións de SSanta tivemos que pospoñer para esta data.

Nos centros ás 12 leeremos un Poema de Manuel María e colgaremos nunha árbore que temos no centro flores e follas con poemas sobre estas tres temáticas feitas polos nenos. Ao mesmo tempo os maiores do centro dende 3º ata 6º irán a plantar árbores, e ademais levarán de regalo unha camiseta.

PROGRAMA “ADEUS RÍOS/ADEUS FONTES” 2016

Introdución:

O día 21 de marzo conmemórase o Día Forestal Mundial, unha data instaurada pola FAO en 1973 e que veu dar continuidade e universalidade á celebración do Día da Árbore, unha tradición, que, iniciada en Mondoñedo no século XVI, tíñase estendido por todo o mundo.

 

O día 21 de marzo conmemórase tamén o Día Mundial da Poesía, data instaurada pola UNESCO no 2001 para reflexionar sobre a linguaxe poética e arte das capacidades de moitos creadores do mundo.

 

O día 22 de marzo, por decisión da ONU en 1993, conmemórase o Día Mundial da Auga, que neste ano 2010 refírese a calidade da auga, necesaria para a conservación de ecosistemas sans e para o benestar humano

 

Para conmemorar, de xeito transversal e interrelacionado, estas tres efeméride vanse realizar un conxunto de actividades dirixidas á comunidade educativa, o programa “Adeus ríos/adeus fontes”, coas que se pretende acadar, entre outros, os seguintes obxectivos

·        Pór de relevo o valor das árbores e dos bosques e estimular actitudes positivas cara elas. As árbores protexen o solo e os ríos, reciclan a auga, limpan o aire e proporciónannos osíxeno. Conforman paisaxes e moderan as variacións climáticas. E dannos madeira, froitos, fibras… Moitas actividades económicas e sociais dependen das árbores.

·        Xerar conciencia sobre a importancia da auga para a vida, para o ser humano e para o planeta, salientando a importancia de non malgastar a auga de forma innecesaria e de non contaminala.

·        Poñer en valor a poesía como xénero literario e homenaxear a Manuel María, autor ao que se lle dedica este ano o “Día das Letras Galegas”.

 

Deténdonos no acto central deste programa, o que vai ter lugar o día 1, sinalar que vai ser unha actividade, de  claro contido lúdico e medioambiental, inclúe unha parte moi importante que consiste nunha plantación de árbores. Imos dar xa que logo algunhas pinceladas para entender o porque se celebra, que motivo hai para facelo no Parque de Vilanova, e como son as árbores que imos plantar.

 

Porque se fai o Dia da Árbore ?

Coa denominación de Dia Internacional dos Bosques, Dia Mundial da Árbore ou Dia Forestal Mundial vense celebrando dende 1971 a instancias da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura  e a Alimentación (FAO).O día elixido foi o 21 de marzo que coincide coa entrada da primavera no hemisferio norte e coa do outono no hemisferio sur. Mais  antes de ser denominado así, na nosa contorna hai moitos anos que xa se celebraba o Dia da Árbore.

Esta conmemoración, ten un antecedente lonxano na celebración que segundo consta, tivo lugar en Mondoñedo no ano de 1569 , aínda que máis preto dos nosos días temos a que se considera a primeira celebración do Dia da Árbore en Galiza, que se fixo en Tui              (Pontevedra ) no ano 1910. Desa época datan tamén as primeiras celebracións na comarca de Ferrol, constando xa en Fene, a homenaxe ás árbores que con plantacións nas beiras das estradas da localidade se fixo aló polo ano de 1914, e sendo a sociedade “ O Pote ” de Maniños a primeira entidade que en 1927 celebra a data coa denominación de “ Dia da Árbore “.

Este dia esta dedicado a destacar a importancia das funcións que desempeñan os bosques, como son :

-Evitar a erosión, pois a materia orgánica das follas en descomposición fai que a auga se filtre pouco a pouco no solo e as raíces suxeitan a terra, evitándose así que a choiva arrastre a terra cara os rios co que se destruiría o chan  e o lugar onde habitan moitos animais. 

-Conservar a Biodiversidade, pois coa destrución dos bosques provócase a extinción de moitas especies co cal tamén se perden unha grande cantidade de recursos moitos deles aínda por descubrir.

-Producir o oxíxeno que precisamos para respirar

-Absorber a contaminación,  e os gases que  provocan o efecto invernadoiro e que o noso planeta se quente cada vez máis co conseguinte risco para a vida tal e como a coñecemos.

-Protección da auga

-Desfrute e lecer

 

Como é o parque onde imos plantar? O Parque de Vilanova, está situado nos terreos ocupados pola chamada zona de servidume da Autopista do Atlántico, que están loxicamente situados debaixo dela. É o que se chama un parque lineal, caracterizado entre outras cousas por ter unha grande lonxitude en comparación coa súa anchura, o cal entre outras cousas faino axeitado para dar longos paseos polo seu corredor central.

 

Zonas dentro do parque .Vexetación existente.

Dentro desta faixa de terreo podemos distinguir varias zonas, unha máis natural que sería a situada nas proximidades e na beira do rio Cádavo, unha intermedia onde nas fincas lindantes podemos observar hortas onde se cultivan legumes e tamén froiteiras e por último a zona máis preto da estrada  que sería por así dicilo  a máis urbana.

Pois ben en función destas zonas é polo que se fai a escolla destas especies para plantar.

 

Especies a plantar:

As especies a plantar, foron seleccionadas, tendo en conta esta zonificación, e tamén  o aproveitamento tanto ornamental coma frontal, e tendo en conta as características do lugar e máis as necesidades das plantas, destacando que na zona mais próxima ao rio, é onde plantaremos as árbores propias de fragas e bosques de ribeira: Capudre, ameneiro, abeleira, combinando o resto, en función tamén das árbores que xa hai no parque.