try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

Admisión de novos alumn@s para o curso 2015-16

Proceso de reserva, admisión e matrícula para o curso 2015-16
 
Normativa que rexe o proceso de admisión do alumnado
Calendario de admisión e reserva de praza para o curso 2015-16
             Reserva
  • Reserva de praza (só para centros adscritos- IES de Fene/EEI de Limodre) :do 1 ao 15 de febreiro (Anexo I)

 

Os alumnos/as que pretendan continuar estudos no centro adscrito de Fene (IES de Fene) terán que cubrir a solicitude de reserva de praza que se adxunta e entregala aquí no centro (CEIP Os Casais).Os alumnos que veñan da EEI de Limodre terán que cubrir o mesmo anexo e entregalo na mesma escola. Se nese tempo non se entragara a reserva perderá a súa praza nese centro.

Se o seu desexo é non continuar os seus estudos no IES de Fene, ou neste centro (para aqueles alumnos que veñan de EEI de Limodre)terán que esperar a facer a solicitude de admisión no centro que queira no prazo establecido (do 1 ao 20 de marzo)

*Moi importante: a reserva adquirirá un carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Admisión

  • Prazo de solicitudes de admisión de novos alumnos/as: do 1 ao 20 de marzo  (Anexo II)
  • Publicación de vacantes: 1 de marzo
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos:  Ate o 25 de abril (Taboleiro do centro)
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio (taboleiro centro)

               Matricula

  • Formalización de matrícula de alumnos de Educación Infantil e Educación Primaria: do 20 ao 30 de xuño (Anexo III-1)
  • Formalización de matrícula de alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria (no centro de destino): do 25 de xuño ao 10 de xullo

 

Este ano a ANPA intentará levar a cabo o programa Madrugadores para aquelas familias que o necesitedes

Documentos Admisión: 
  • Impresos oficiais cubertos e asinados: Anexo II DOGA, publicación de imaxe, base de datos do bus, relixión/valores cívicos e sociais, enquisa galego (só EI)
  • Dúas fotos tamaño carnet do alumno/a
  • Informe médico
  • Fotocopia do libro de familia
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a
  • Certificado de empadroamento
Podedes descargar os documentos nos arquivos adxuntos de máis abaixo. Tedes que descargalos, cubrilos e imprimilos, xa que non deixan gardar os datos. No centro dispoñemos dos mesmos impresos en papel. Pasádevos se os necesitades
 Nota informativa:

A Orde do 12 de marzo do 1013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación di que:

 

1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.