Se o seu desexo é non continuar os seus estudos no IES de Fene, terán que esperar a facer a solicitude de admisión no centro que queira no prazo establecido (do 1 ao 20 de marzo)
*Moi importante: a reserva adquirirá un carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Admisión
*Como o 20 de marzo cadra en domingo, trasladaríase ao seguinte día lectivo, que neste caso, será o martes 29 de marzo, ao cadrar a Semana Santa por medio
Matricula
Este ano a ANPA intentará levar a cabo o programa Madrugadores e Comedor para aquelas familias que o necesitedes. Están a recoller datos para ver se o poden xestionar.
A Orde do 12 de marzo do 1013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación di que:
1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Tedes nos adxuntos toda a documentación a cubrir por se xa a queredes cubrir on line e traela. Podedes visitar o centro concertando unha cita con nós!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo1_reservaIES.pdf | 363.34 KB |
documentosadmision16_17_web2.pdf | 9.68 MB |
anexo3_infantil_primariacasaisfin.pdf | 360.27 KB |