Skip to Content

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 22-23

Estimadas familias:

 

Informamos de que xa está aberto o prazo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º EP), de axudas para adquirir  libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (EP e EE) para o curso 2022-2023. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

 

- ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 21-22 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)

- ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 € (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000 € (para material escolar). A renda será a do exercicio 2020.

 

Documentación a achegar:

-Solicitude cuberta preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

No caso de tramitalo a través do centro educativo:

-Solicitude (anexo I) que poderán descargar neste enlace, ou recibila a través do alumnado se a solicitan por medio da axenda.

-Entrega da solicitude cuberta. Preferiblemente escaneada e enviada ó correo electrónico do centro (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal). En caso de entregala presencialmente, deberán facelo en horario de dirección ou secretaría.

MAIO 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

15.40 a 16.10

10.55 a 11.50

10.05 a 10.55

10.05 a 10.55

 

XUÑO 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

13.40 a 14.30

10.20 a 11.10

9.35 a 10.20

9.35 a 10.20

 

-Copia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar (Se non houbo variacións con respecto ó ano anterior, non é preciso aportar a copia porque xa se dispón dela no centro)

-No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2020 non coincide coa actual poderá presentarse sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou de ser o caso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.

-Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

O prazo para a entrega da documentación será ata o 22 de xuño de 2022.


O alumnado de 5º e 6º de Primaria continúa no Proxecto E-dixgal quedando exento das axudas para a

adquisición de libros de texto xa que disporá de libros gratuitos en formato dixital.



story | by Dr. Radut