Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Dinamización Lingüística

CONTACONTOS IAGO LÓPEZ

Hoxe visitounos o autor Iago López que nos contou o seu libro "O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Disfrutamos moitísimo desta actividade, e a Iago gustoulle o noso cartel do Día do Libro, será polo guapo que sae o cociñeiro Martiño.

Se seleccionas a imaxe para ver todas as fotos da xornada.

 

 

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Como cada curso celebramos o 23 de abril, Día do Libro coa "Lectura na carballeira". Por mor da choiva aprazamos a actividade a espera do bo tempo. Proseguimos coas actividades programadas para a semana recibindo ao autor Iago López que amosará o seu libro "O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas".  Para preparar o cartel conmemorarivo do Día, os e as axudantes da Biblioteca, basearon o seu traballo no cociñeiro Martiño. Velaquí o resultado.

 

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O alumnado de sexto de primaria participou no Obradoiro de Regueifas, en colaboración co Concello de Teo. Actividade impartida por dúas regueifeiras:

Alba María: cantora, compositora e regueifeira galega. Alén de realizar actuacións e ofrecer obradoiros, vaise asentando no eido da improvisación, sendo unha das poucas voces femininas e introducindo novos temas como o discurso de xénero na arte da regueifa. No 2017 publicou o seu primeiro libro Regueifa en Bergantiños.

Sara Marchena: titulada en Lingua e Literatura Galegas, comezou a súa relación coa regueifa da man de Pinto de Herbón e Caruncho. Dende o ano 2017 imparte obradoiros de Regueifa con especial atención a Regueifa Feminista ou a perspectiva de xénero dentro do galego.

Grazas polo voso traballo !

 

 

 

LUIS SEOANE

O 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, unha celebración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes. Luis Seoane é o pintor homenaxeado no ano 2019. O alumnado de 2º E.P. estudou e traballou o cadro "As mariscadoras". Velaquí o resultado.

 

VISITA AO PARLAMENTO

O alumnado de 5º visitou o Parlamento e a Xunta de Galicia coñecendo de primeira man como funciona o noso goberno.

VISITA AO PARLAMENTO

EXPERIMENTOS

Ao alumnado de 4º quedoulle bo "sabor de boca" da semana dos experimentos que tivemos no mes de novembro polo que decidiron afondar no tema dos experimentos con fluídos

(aire e auga).

Concretamente, o alumnado de 4ºB estivo realizando unhas sesións de experimentos científicos, onde tiñan que realizar e explicar en que consistía cada un. Foi un traballo realizado en grupos de 4 ou 5 alumnos e que resultou moi enriquecedor.

Deixo aquí o enlace ás presentacións dos traballos dos alumnos, espero que resulten interesantes...

 

https://edu.glogster.com/glog/experimento-con-maicena-e-auga/38twc3db9ao

https://edu.glogster.com/glog/como-inchar-un-globo-sen-soplar/35jwurspti4

https://edu.glogster.com/glog/experimentos-con-aire-e-con-auga/30leal2mirg

https://edu.glogster.com/glog/experimento-coa-auga/38xu6q28o2c

SEMANA DA PRENSA

Ao longo da semana do 11 ao 15 de marzo, traballamos recopilando e analizando información dos xornais sobre o tema "Hábitos de vida saudable". Podes ver unha pequena mostra do traballo seleccionando a foto.

 

COMER SAN É DIVERTIDO

 

Ao longo da semana do 4 ao 8 de febreiro a Asociación Española Contra o Cancro visitou o colexio para impartir uns obradoiros ao alumnado de ed. infantil e ed. primaria. Foron unhas charlas onde aprendemos que alimentos son os máis beneficios para a nosa saúde e cales son os máis prexudiciais.

 

 

 

 

 

Distribuir contido