Para celebrar o Entroido e o 13 de febreiro como Día Mundial da Radio, as nenas e os nenos do cole compuxeron unhas coplas ou murgas. De seguido visitamos Tilandra nas ondas para gravar un Podcast.
Atopámonos preto de comezar a semana de Entroido. Como cada ano, Tilandra, suxírenos a vestimenta para desfrutar e pasalo ben ao longo da vindeira semana.
Cada 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Paz e non Violencia. Este día, ten como obxectivo fomentar a educación na tolerancia, na solidaridade, na concordia, no respecto aos dereitos humanos...Valores que inculcamos a diario no alumando do colexio. Este 2024 para celebralo, decoramos pombas nas aulas; cantamos e bailamos a canción de Paco Nogueiras "Móvete". Asemade na biblioteca elaboramos un mural. O martes 30, gravamos ás diferentes aulas e xuntámonos todos no patio, para compartir entre todos e todas este Día.
Un curso máis solicitamos á participación no Plan Director, para o alumnado de quinto e sexto. Consiste nunha charla informativa sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como a ciberseguridade, o acoso escolar, a violencia sobre a muller, as drogas e o alcol, as novas adiccións, os delitos de odio e discriminación, a prevención dos delitos sexuais..., A charla foi impartida por un axente que pertence ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. A información, neste caso foi adaptada á idade do alumnado do colexio.
O alumnado de cuarto de Ed. Primaria, visitou o Museo do Pobo Galego. Participaron na actividade: Ferramentas en mimo. Os obxectivos foron : aprender acerca dos oficios tradicionais galegos, traballar a expresión corporal e a dramatización.
O primeiro trimestre remata con distintas actividades das que as alumnas e os alumnos do colexio dos Tilos participaron. Comezamos coa colaboración das familias no xa tradicional adorno para a árbore de Nadal. Nas aulas elaboráronse grilandas con produtos naturais. Os nenos e as nenas escribiron cartas aos Paxes e ao Apalpador. Co proxecto de centro "Espallando Saberes" demos a coñecer ao personaxe da tradición galega; a lenda conta que era o encargado de levar un pouco de felicidade ás aldeas galegas situadas no interior de Galicia, concretamente no Courel, Ancares, Terras de Trives. Na derradeira semana o alumnado participou en divertidos bailes e como remate, hoxe día 21, os máis pequerrechos acudiron á biblioteca para ver a película do Grinch e o resto bailaron e cantaron ao son dun DJ.
No marco das actividades impulsadas para celebrar Novembro Mes da Ciencia en Galego, xurdiu a idea de elaborar un glosario científico. Nel participaron as alumnas e os alumnos de xeito activo; primeiro pensaron os termos e escribíronnos, a continuación representáronnos cun debuxo e prepararon a definición. Como remate gravamos un video con todos eles.