No outono en Galicia é tempo de castañas, de magostos e como non de refráns. Co fin de deixar recollidos algúns deles, o alumnado participou na recolleita e posterior representación gráfica. Velaquí tedes un vídeo co traballo realizado.
Un curso máis, convocamos o concurso "A castaña monstruosa". Cada aula participa elaborando unha castaña decorada, por unha parte coa temática do proxecto e asemade engadindo a caracterización de monstruosa.
Este curso co proxecto "Espallando Saberes" , queremos afondar nas tradicións e os costumes do noso pobo. A tradición oral foi fonte de grande información para o coñecemento, así que, xa que estamos no outono e temos un amplo abano de refráns, decidimos elaborar un Refraneiro Tileiro. Gravamos un podcast en Tilandra nas ondas. Preparádevos para escoitalo saboreando, unhas ricas castañas.
O alumnado de quinto e sexto de Ed. Primaria leu contos de outono e de medo ao resto dos nenos e nenas do cole. É unha actividade que sempre a desfrutan moito xa que comparten as súas creacións cos máis pequenos.
O nenos e nenas de sexto de educación primaria, desfrutaron do obradoiro de regueifas, que cada ano se imparte no centro, en colaboración co concello de Teo. Este curso visitáronnos Josinho da Teixeira e Nuria Penas. Con este obradoiro preténdese introducir ao alumnado na improvisación oral en verso. Velaquí tedes un pequeno vídeo, do acontecido.
Como cada 24 de outubro , celebramos o “Día das Bibliotecas Escolares”, e dende a Biblioteca Tilandra davos a benvida a este novo curso “Espallando Saberes”.
O obxectivo do desenvolvemento deste PDI é achegar ao noso alumnado ao coñecemento da cultura e tradicións de Galicia.
Ao longo do curso iremos realizando de xeito transversal actividades relacionadas cos contidos curriculares.