PDI: Diferentemente iguais

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe foi un día de festa, xa que, a nosa nova biblioteca comezou a camiñar. Contamos cun novo espazo máis amplo e adaptado ás necesidades do alumnado. Os nenos e nenas de sexto realizaron un gran traballo, colaborando no reto que supuxo trasladar e dar forma a unha biblioteca dinámica, con diversos servizos e recursos, onde os nenos e nenas do colexio atopen múltiples oportunidades de aprendizaxe, expresión e creación.

DÍA DAS ESCRITORAS

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España. Desde o 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras. Cada ano, celébrase preto á festividade de Teresa de Xesús o 15 de outubro. Este curso a data elexida foi o 17 de outubro e o lema: "Antes, durante e despois das guerras".

O alumnado de sexto participou na gravación dun poema de Ana María Fernández Martínez titulado: "Receita". Prepararon a lectura do poema e contamos coa colaboración de Iago para interpretalo coa linguaxe de signos.

Grazas á familia de Iago!

 

PDI: Diferentemente iguais

Ao longo do curso 2022 – 2023, desenvolverase un novo Proxecto Documental Integrado titulado Diferentemente Iguais”.

A través dos contos, tratarase de inculcar entre o alumnado o respecto polas diferenzas entre iguais e a convivir de xeito pacífico cos compañeiros e co profesorado nas actividades educativas diarias. Para acadar estes obxectivos, dende a Biblioteca e, en colaboración co resto dos equipos, deseñaranse actividades nas que poida participar toda a Comunidade Educativa.

Powered by Drupal - Design by artinet