Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

INFORMACIÓN VALES E FONDOLIBROS 2023-2024

Posted in

QUEDAN PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO AS LISTAS PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS  / EXCLUÍDAS NO FONDO LIBROS 2023-2024

O ALUMNADO DE 1º E 2º RECOLLERÁ NO CENTRO OS VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DENDE HOXE 3 DE XULLO ATA O 7 XULLO EN HORARIO DE 10:00 A 13:00.

O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º e 6º  RECOLLERÁ OS VALES DE MATERIAL ESCOLAR DENDE O 3 DE XULLO ATA O 7 DE XULLO EN HORARIO DE 10:00 A 13:00

Se non poden recollelo nestas datas, poderán facelo a partir do mes de setembro no horario habitual de centro.

RECORDAMOS QUE OS CHEQUES DE  LIBROS DE TEXTO PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E OS DE MATERIAL ESCOLAR PARA TODA PRIMARIA DEBEN VIR A RECOLLELOS OS SOLICITANTES DA AXUDA, EN CASO DE NON PODER VIR DEBERÁ AUTORIZAR POR ESCRITO A OUTRA PERSOA.

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

Posted in

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2023

Un ano máis chegamos ao final do curso, e para que non vos esquezades de ler, compartimos con vós as recomendacións lectoras de VERÁN!

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2023/2024

 O prazo para presentar as solicitudes de participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar, remata o día 21 de xuño.

MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO CURSO 2023-2024

Posted in

Para a matrícula hai que presentar a seguinte documentación:

 

  1. Impreso de formalización de matrícula. No caso de pais separados, deberá vir asinado por ambos proxenitores.(descargar)

  2. Fotopia da sentenza ou convenio regulador, no caso de pais separados.

  3. Dúas fotos do neno/nena que se matricula.

  4. Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

  5. Fotocopia do libro de familia (follas onde aparecen os pais e folla onde aparece o alumno/a).

  6. Certificado/volante de empadroamento.

  7. Solicitude de transporte e comedor escolar, se é o caso.(descargar)

  8. para alumnos que se matriculan no 4º curso de E.Infantil (3 anos):

    Cuestionario no que se fai constar a lingua materna do alumno/a e recollida de datos iniciais. (descargar)

  9. O alumnado que se matricula en primaria, certificado académico.

    No caso de alumnos con NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO deben aportara documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición.

 

 GUÍA ABALAR PARA AS FAMILIAS (DESCARGAR)

 

 

 

O MISTERIO DAS LETRIS DESAPARECIDAS

O alumnado de 2ºA, inventou e ilustrou o conto " O misterio das Letris desaparecidas". Desfrutaron moitísimo inventando este conto porque son uns e unhas pequen@s escritor@s!!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

O venres 9 de xuño, de 11:15 h. a 12:00 h, poderán visitar o centro acompañados do seu fillo/a.

Distribuir contido