Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

O MISTERIO DAS LETRIS DESAPARECIDAS

O alumnado de 2ºA, inventou e ilustrou o conto " O misterio das Letris desaparecidas". Desfrutaron moitísimo inventando este conto porque son uns e unhas pequen@s escritor@s!!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

O venres 9 de xuño, de 11:15 h. a 12:00 h, poderán visitar o centro acompañados do seu fillo/a.

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2023. XINCANA DAS LETRAS

O luns 15 de maio celebramos as Letras Galegas no cole. Elaboramos unha xincana con dúas temáticas principais:

- Traballo final do PDI:" Diferentemente Iguais"

- Conmemoración do escritor elixido pola Real Academia Galega no ano 2023: Francisco Fernández del Riego.

XORNADA OBRAABERTO

O Monbus Obradoiro celebra as xornadas "Obraaberto", para conmemorar o Día das Letras Galegas. O club picheleiro invitou a máis de 2.000 escolares de distintos colexios de Santiago e arredores. Foi unha xornada de diversión e promoción da lingua galega. O alumnado desfrutou da presenza dos xogadores e adestradores. Asemade participaron en diversos xogos relacionados co deporte: un KO e tamén coa lingua galega: xogo das Letras Galegas.

CONCERTO NO CGAC DE ODAIKO

O pasado martes 16 de maio, o alumnado de 2º e 3º de educación primaria, asistiu a un concerto de ODAIKO no CGAC. As nenas e nenos, desfrutaron moito da orixinal percusión deste fantástico grupo.  Así, como dos seus xogos dos que fixeron partícipes a todo o público.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023-2024

Posted in

Máis información AQUÍ

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Posted in

 (BOE do 26/04/2023)

BENEFICIARIOS:

- Alumnado que presente necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conducta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

- Alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades intelectuais.

PRAZO:

Ata o día 20 de setembro.

Máis información:

AQUÍ

ACCESO Á SOLICITUDE

CONVOCATORIA

5º A le a Eloy Moreno

Dentro da conmemoración do Día do Libro, os nen@s de quinto A de educación primaria, elaboraron un Podcast sobre uns contos de Eloy Moreno. 

 

 

CONTO DE 1º A: SON O MELLOR

As nenas e nenos de 1º A escolleron un conto de Lucy Cousins para lernos na radio: "SON O MELLOR". 

Agardamos que vos guste!

 

Distribuir contido