Saúdo de Benvida

 

 Vista do Colexio desde O río Sil  

 A comunidade educativa do C.E.I.P. Ramón Otero Pedraio de Viloira, Barco de Valdeorras (Ourense) quere darche a benvida á páxina web desta escola. Nela poderás atopar moita información sobre a nosa actividade escolar e tamén , como non , outros asuntos que ó mellor, poden serche de interese.

  Estamos  no barrio de Viloira, localidade situada na marxe esquerda do río Sil (o das pepitas de ouro). Unha ponte , l evantada no mesmo lugar ca que a riada do 1959 derrubou, comunica ambas beiras do río.

  A Casa Grande e a Praza, son dous referentes no entorno do Colexio para os visitantes que acuden a Viloira na procura da sombra dos centenarios plataneiros , ou coa intención de degustar unhas sabrosas castañas asadas, aló polo San Martiño, tamén  se o que buscan é  disfrutar da  hospitalidade da xente deste antigo e fermoso pobo.
 
  O río Sil, que ven abrindo traballoso paso entre as  escabrosas  cimas do oriente ourensán da Serra do Eixo  chega , ó fin, ata aquí para acadar a quietude nas ribeiras das abondosas hortas de Viloira, e segue , paseniño,a súa viaxe imparable ata xuntarse co pai Miño. A serenidade das augas e o vizoso das terras configuran un mosaico de cultivos que constitúen todo un verxel hortícola de exuberante calidade.
 
 

Distribuir contenido