Skip to Content

INICIO CURSO ESCOLAR 22-23

 

Aquí vos deixamos os LISTADOS DAS AULAS. Solo tedes que pinchar no enlace.

- Listados aulas primaria

- Listados aulas infantil

 

LISTADOS MATERIAL PARA O CURSO 2022-23: nos seguintes enlaces poñeremos os listados de material segundo nolos vaian dando as profes.

- Listado material 5º EP

- Listado material 6º EP

- Listado material 1º EP

- Listado material 2º EP

- Listado material 3º EP

- Listado material 4º EP

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-23.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-23.

 

Pinchando no enlace anterio poderedes ver o listado dos libros de texto para o curso 2022-23. Lembrade que en 5º e 6º temos o EDIXGAL polo que non haberia que mercar ningún libro.

E ti... que vas ler?

Para rematar o curso, como cada ano, nos comparten dende o equipo de biblioteca unhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS para este verán.

Pinchade na imaxe e poderedes ver un montón de exemplares que seguro terán éxito!

Se ledes algún exemplar podedes compartir a vosa opinión mandando un email a bibliolaracha@gmail.com, a través de texto ou vídeo, que compartiremos á volta das vacacións en setembro.

E con isto pechamos a nosa biblio ata o próximo curso bibliopingueirxs!

Un curso moi intenso, no que dende o equipo de biblioteca, esperamos que as propostas realizadas vos gustarán e serviran, sobre todo, para aprender dun xeito diferente.

Moitas grazas a todo o alumnado do cole, especialmente aos colaboradores e colaboradoras que pasaban o recreo axudando. Tamén agradecer a partitipación de todo o profesorado.

Unha aperta xigantesco!

FELIZ VERÁN! =)

xornada de portas abertas

 

MINISTERIO DE EDUCACIÓN. BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO - CURSO 2022-2023

Aberto o prazo "Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo" do Ministerio de Educación para o curso 2022-2023:

 

Do 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022

 

Calquera dúbida consultar co Departamento de Orientación do centro.

 

 INFORMACION E SOLICITUDE

SOLICITUDE AXUDAS LIBROS , FONDO LIBROS, MATERIAL CURSO 2022-2023

Ven de publicarse a Orde do 29 de Abril pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria

  • Lembrar que o centro está no programa EDIXGAL (libro electrónico) polo que o alumnado  5º e 6º non usarán libro físico e a principio do curso 2022-2023 repartiráselle un ordenador persoal. Estes niveis, sí poderán solicitar axuda para material de cumprir os requisitos.
  • Cambiaranse os libros de 3º de E. Primaria por cambio de currículum.
  • Mantéñense os libros de 4º. Serán os mesmos que se utilizaron no curso 2021-22.

O PRAZO DE SOLICITUDE REMATA O 22 DE XUÑO.

FORMAS DE SOLICITALO.

Hai tres formas de solicitar as axudas:

DÍAS NON LECTIVOS

Bo día.

Lembrámoslles que o luns 16 e martes 17 non son días lectivos polo que non haberá clase.

Un saúdo

O entroido no noso Cole

O Entroido no Otero pedrayo estivo adicado á nosa Galiza, a Galiza máxica que estivo representada por:

-o traxe tradicional galego

- as pitas de eiroás

- os volantes de chantada

- os lobishomes e lobismulleres

- os nubeiros

- os trasnos

- a santa compaña

- os peregríns

- os polbos

Fixemos un desfile e celebramolo no centro cunha chocolatada e produtos típicos do entroido. Aquí vos deixamos un video resumen para que vexades que ben o pasamos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut