Skip to Content

Dous acontecementos incribles

O venres  31-05-2013  tiveron lugar no cole dous acontecementos incribles. O primeiro foi que o Festival Fin de Curso rematou cunha actuación impactante, moi orixinal e de moito traballo. Correu a cargo dos alumnos e alumnas de 5º dirixidos pola profesora de música. Consistiu en expresar a música co instrumento corpo: percutindo, falando, bailando e o máis difícil facendo participar ao público. Como non chegaba o escenario os nenos saltaron e ocuparon a parte de abaixo do público. Desde alí tiraron de unhas cintas previamente estendidas e dividiron aos asistentes da sala en catro grupos que eran dirixidos e incitados polos alumnos que portaban unhas pancartas moi visuais co que tiña que facer o público. Todo coa música a soar. Os catro grupos fixeron unha especie de canon de percusión. Foi incrible ver saltar aos alumnos do escenario. Unha imaxe para conservar sempre na memoria. Todas as fotos do festival AQUÍ.

O segundo acontecemento foi a inauguración da exposición «Todo Soa». Son máis de cen instrumentos. A maioría feitos coa colaboración das familias e con materiais de refugallo. Unha especie de resumo da asinatura de música a través do curso. Moito e bo traballo de toda a comunidade escolar. Está, ben visible, na entrada do cole. Pode ser visitada polos pais. Todas as fotos AQUÍ.



story | by Dr. Radut