Skip to Content

Novidades no blogue da biblioteca

Ola de novo!

Escribímosvos dende o blogue da biblioteca para que lle botedes un ollo as últimas novidades culturais.

Esperamos a vosa visita!

Thanksgiving

O pasado xoves celebramos Acción de Grazas na clase de infantil de inglés. 

Fixemos un gran pavo que decoramos de plumas dando as grazas por tódalas cousas boas que temos: amigos, familia, colexio...

Se queredes ver as fotos tedes que ir ao blogue de inglés.

 

http://englishpicks.blogspot.com.es/

Obradoiro de Igualdade

Obradoiro de Igualdade!! Que ben o pasamos , aprendendo o importante que é compartir e que todos e todas debemos xogar xuntos!!!

 

O conto de Berta

Este luns tivemos unha actividade de animación a lectura na biblioteca. 

Se queredes saber máis pinchade no blogue!

Obradoiro de papel reciclado

Onte tivemos un taller sobre papel reciclado. Primeiro cortamos o papel de xornal en tiras e o mezclamos con auga.

Despois trituralo cun batedor e peneiralo. Cando quedaba feita a folla de papel había que secala cun pano e poñela a secar.

Mirade as fotos!

 

 

Saída Pazo Quiñones de León

Sentimos o retraso pero aí van as fotos dos maiores do colexio na saída a Castrelos.

Todos desfrutamos moito.

O Magosto

O venres pasado celebrámos o magosto, e aínda que o tempo non acompañou, pasámolo moi ben.

Houbo algún que comeu castañas sen parar e pillámolos en fotos. A ver se os encontrades.

Saída a Castrelos

En outubro tivemos unha saída ao Pazo Quiñones de León.

Para ver as fotos podedes visitar o blogue de infantil.

Festa da Auga 2015

 
Este ano, acabámolo curso pasado por auga!!!! Que ben o pasamos e que fresquiños quedamos!! Aquí tedes unha proba!! O CEIP Paraixal deséxavos un BO VERÁN A TODOS E TODAS!!!
 

SAÍDA DE FIN DE CURSO

     
 
  O pasado martes fixemos a saída de fin de curso á "Aula da natureza de Xesteira". Mesmo Indiana Jones estaría encantado de vir connosco, xa que atravesamos carballeiras centenarias, fixemos tiro con arco, arqueoloxía, artesanía, escalada, tirolina e moitas aventuras máis. Se cadra, para a próxima avisámolo! Esperamos que vos guste e desexámosvos un FELIZ VERÁN A TODOS!!!
 
Distribuir contido


by Dr. Radut