Skip to Content

PROGRAMA ATLANTICS

15/04/2024 11:07
Europe/Madrid

Deixamos o programa ATLANTICS que se grabou na FEira Matemática.

 

FEIRA MATEMÁTICA

09/04/2024 14:54
Europe/Madrid

O pasado sábado o cole de Mondego "petouno" na Feira Matemática. Récord de participación do cole. Agradecer aos mestres e mestras, aos alumnos e alumnas e aos pais e nais pola colaboración. Mención especial a Alicia a nosa ex-compañeira que sempre está destrás desta organización. 

SOLICITUDE DE PRAZA

21/03/2024 15:41
Europe/Madrid

Rematado o prazo de solicitude de praza para os alumnos/as de nova incorporación, po centro comunica que non hai necesidade de baremar xa que as solicitudes non superaron o número de prazas dispoñibles. 

A dirección do centro.

NOVAS DE MONDEGO 2ªEDICIÓN

IGUÁLA-T

05/03/2024 14:09
Europe/Madrid

O pasado venres rematamos o ciclo adicado a Educación Sexual. Conclúen os talleres que se impartiron dende 1º a 6º curso de primaria e tamén aos pais/nais e profes do cole. 

Podemos dicir que foi un éxito e que con esta actividade o alumnado de Mondego completa a súa formación curricular e inicia un proxecto que será o primeiro paso dunha educación da sexualidade e da igualdade.

Agradecer a Carol Strate, xinecóloga e sexóloga,  profesional encargada de poñer en acción estes obradoiros que sen dúbida repetiremos. 

ADMISIÓN ALUMNADO 24/25

Presentación solicitude de admisión: 1 - 20 de marzo telemáticamente.

A solicitude será única e poderase presentar:

Preferentemente de forma electrónica: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

           Información e calendario admisión curso 2024/25

Ou de forma presencial no centro educativo:   

Modelo solicitude admisión (ED550B)

Galego

Castelán

 Lexislación e información:

ENTROIDO

02/02/2024 14:46
Europe/Madrid

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

23/01/2024 15:25
Europe/Madrid

XORNADA DE PORTAS ABERTAS de Roi Louzan

TALLER DE SEXUALIDADE

19/01/2024 14:16
Europe/Madrid

Dentro dos plans de mellora de éxito educativo CP INCLÚE da consellería de educación; o noso centro, propuxo neste curso tratar o tema da educación sexual en Educación Primaria. Esta iniciativa, comeza por presentar a educación sexual a familias e profesorado e posteriormente tratalo nas clases. Esta iniciativa foi aprobada por unanimidade na PXA polo claustro e consello escolar. 

A iniciativa será impartida por unha profesional do tema como é Carol Strate, xinecóloga e sexóloga. O centro anima a todas as familias a participar e coñecer como imos abordar un tema tan importante dende a escola.

INSCRICIÓN

 

 

RESERVA DE PRAZA INSTITUTO ISAAC DÍAZ PARDO

15/01/2024 15:17
Europe/Madrid

 

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN CURSO 2024/2025

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

O comportamento da aplicación depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non.

1. Usuarios sen identificar

Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

2. Usuarios identificados

Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e

asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude),

imprimilo e presentalo no centro educativo.

ROUPA ESQUECIDA

09/01/2024 15:47
Europe/Madrid

Estimadas familias:

Coma en anos anteriores, no pavillón do centro acumúlanse prendas que os rapaces/as deixan esquecidas. Ao finalizar cada trimestre, poñemos o prazo dunha semana para ver se se recollen as últimas prendas. O venres 19 as prendas serán doadas a unha ONG. 

Gracias pola vosa aportación. Aquí deixamos imaxes dos percheiros por se recoñecedes algo.

NADAL 2023

26/12/2023 11:57
Europe/Madrid

XORNAL ESCOLAR NOVAS DE MONDEGO

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

11/12/2023 20:29
Europe/Madrid

Durante a próxima semana estarase realizando no colexio a habitual campaña de recollida de alimentos non perecedoiros e produtos de primeira necesidade en colaboración con Cáritas. O plazo para traelos será ata o mércores 19 de decembro. Deberán colocalos nas mesas dispostas no corredor do centro. 
Agradecemos a vósa colaboración.

 

FOLGA DO PROFESORADO MARTES 28

23/10/2023
Europe/Madrid

Estimadas familias:

Mañá martes 28 de novembro está convocada unha folga pola organización sindical CIG-ensino, STEG e CSIF. 

A consellería establece uns servizos mínimos nos que establece que o centro ten que permanecer aberto e nomea ao director ou persoa do equipo directivo en quen delegue como única persoa docente do centro con obligación de estar no mesmo. 

Mañá estableceranse sistemas para agrupar ao alumnado unha vez que sepamos o número de mestres/as que secundan a folga. 

A orde de servizos mínimos está no enlace situado debaixo desta circular.

ORDE DE SERVIZOS MÍNIMOS

ALERTA METEOROLÓXICA

20/10/2023 09:13
Europe/Madrid

Bo día:

O centro ten que establecer as seguintes medidas preventivas por mor da alerta meteorolóxica que afectará á nosa zona:

1. Os alumnos/as que veñan da casa; entrarán ás 8:55. O portal exterior abrirase a esa hora e poderán entrar directamente ao interior do cole (medida excepcional) para non esperar preto de cornisas nin árbores. 

Pregamos ás familias que non estén agardando antes desa hora no portalón e non se metan aínda que entre un coche. 

2. Non se sairá ao exterior no recreo. 

3. Extremaranse as medidas de precaución no servizo de comedor de continuar a alerta ao mediodía. 

Pedimos colaboración ás familias.

A dirección do centro.

DÍA NON LECTIVO

11/10/2023 09:20
Europe/Madrid

Estimadas familias:

Informamos de que o vindeiro día 13 de outubro non hai clase debido a que é un dos días non lectivos que escolle o centro aprobados pola Xefatura Territorial. 

Desexámosvos boa ponte.

 

via GIPHY

Como obter certificado de matrícula en Abalar

04/10/2023 13:26
Europe/Madrid

Obtención certificación de Roi Louzan

Entradas primeiro día

08/09/2023 17:08
Europe/Madrid

REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO

01/09/2023 15:16
Europe/Madrid

ESTAS SON AS DATAS E HORAS DE REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO

(Tentamos que non coincidan os irmáns pero nalgúns casos é moi difícil)

EDUCACIÓN INFANTIL 

4º Educación Infantil: Mércores 6 ás 17:00 horas. AULA

5º Educación Infantil: Xoves 7 ás 18:00 horas. AULA

6º Educación Infantil: Xoves 7 ás 17:00 horas. AULA

EDUCACIÓN PRIMARIA 

1º Primaria: Xoves 7 ás 17:00 horas. AULAS

2º Primaria: Xoves 7 ás 17:00 horas. AULAS

3º Primaria: Mércores 6 ás 16:00 horas. SALÓN DE ACTOS

4º Primaria: Mércores 6 ás 17:00 horas. SALÓN DE ACTOS

5º Primaria: Xoves 7 ás 16:00 horas. SALÓN DE ACTOS

6º Primaria: Mércores 6 ás 18:00 horas. SALÓN DE ACTOS

 

RECOLLIDA DE LIBROS E ENTREGA DE MATERIAL ESCOLAR

01/09/2023 15:11
Europe/Madrid

RECOLLIDA DE LIBROS E ENTREGA DE MATERIAL ESCOLAR

MARTES, MÉRCORES, XOVES E VENRES

DE 9:00 A 10:00 E DE 12:00 A 14:00

 

 

 

Periodo de adaptación 4º infantil

01/09/2023 10:21
Europe/Madrid

 

Os grupos serán informados pola titora previamente.

EXPOSICIÓN 50 ANIVERSARIO

03/08/2023 13:20
Europe/Madrid

Para todos aqueles que non puideron asistir ao 50 aniversario do cole...

 

 

 

VACACIÓNS

14/07/2023 13:59
Europe/Madrid

VACACIÓNS de Roi Louzan

Seccións bilingües

 

Comezamos en E-DIXGAL

 

INFORMACIÓN PARA ALUMNADO DE NOVA INORPORACIÓN (3 ANOS)

05/07/2023 11:44
Europe/Madrid

School de María Domínguez

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE BENEFICIARIOS DO FONDO DE LIBROS

28/06/2023 14:44
Europe/Madrid

A publicación das listaxes dos beneficiarios das axudas para libros de texto e material escolar publicaranse do seguinte xeito:

LISTADOS PROVISIONAIS: Mércores 5 de xullo

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: Xoves 6 de xullo e venres 7 de xullo (dous días)

LISTAXES DEFINITIVAS: Luns 10 de xullo ao venres 14 de xullo.

FIN DE CURSO

23/06/2023 19:17
Europe/Madrid
Distribuir contido


by Dr. Radut