Skip to Content

Aprendizaxe Cooperativo

APRENDIZAXE COOPERATIVA

A Aprendizaxe Cooperativa é un término xenérico para referirse a numerosas técnicas de organizar e conducir a instrución na aula, caracterizada polo traballo en grupos pequenos de alumn@s heteroxéneos para lograr obxectivos comúns de aprendizaxe, logrando con elo contribuir a maximizar a aprendizaxe e educar a persoas capaces de cooperar e de establecer boas relacións humanos.

As investigacións sobre os beneficios intelectuais e actitudinais desta metodoloxía convírtena nun procedemento educativo ampliamente investigado ao longo de máis de tres décadas e ampliamente aplicado en todos os niveis da educación, dende infantil ata o universitario, e en todas as áreas de contido. De feito, aínda que é menos empregado que outras formas máis tradicionais, onde prima a competitividade e o individualismo, a Aprendizaxe Cooperativa está sendo empregada de forma cada vez máis crecente no ámbito educativo.

O Proxecto Educativo do CEIP Pena De Francia contempla a educación como un proceso integral, co fin de desenvolver todos os aspectos da personalidade do alumnado, sen distincións sociais, económicas, intelectuais, sexuais... Contribuindo a educar ao alumnado para que se convirtan en cidadáns reflexivos, tolerantes e críticos, capaces de respetar a idiosincrasia e os diferentes valores.

Para acadar estes obxectivos, o centro leva traballando dende o curso 2010 coa Aprendizaxe Cooperativa na aula, como unha opción metodolóxica para atender ás necesidades dunha escola coma a nosa: multicultural e diversa; ao presentar o alumnado unha ampla diversidade en canto a capacidades, intereses, procedencia socioeconómica e cultural; ante o que o profesorado asume o reto de intentar dar resposta a esta diversidade, para que cada un dos rapaces e das rapazas poida acadar o máximo nivel de desenvolvemento das súas competencias, segundo as súas capacidades. Os ámbitos de intervención para estruturar de forma Cooperativa a Aprendizaxe na aula son tres:

    O ámbito de intervención A, inclúe actuacións relacionadas coa cohesión de grupo.
    O ámbito de intervención B, abarca actuacións caracterizadas pola utilización do traballo en equipo como recurso para ensinar, co obxectivo de que aprendan mellor os contidos escolares, coa colaboración de todas e todos os membros do equipo.
    O ámbito de intervención C, conleva actuacións encamiñadas a ensinar aos alumnos e alumnas a traballar en equipo dunha forma sistemática e eficaz.

Ao longo destes catro cursos foise integrando a Aprendizaxe Cooperativa nas aulas chegando a converterse nun recurso imprescindible para as mestras e mestres. A finais do curso 2012-2013 creamos, a través da aprobación no Consello Escolar, a Comisión de Coordinación Aprendizaxe Cooperativa como un órgano de debate, organizativo e que facilita o traballo e a coordinación entre os mestres/as que implementan esta metodoloxía.

Durante estes anos de implantación e reflexión educativa poidemos comprobar que a Aprendizaxe Cooperativa é un instrumento para lograr a inclusión e a cohesión social, permite o desenvolvemento de estratexias de atención á diversidade na aula, facilita o desenvolvemento das competencias básicas no alumnado apreciando que os contidos traballados con esta metodoloxía afianzanse máis. En resumo podemos decir que nas aulas en Educación Infantil e Primaria do CEIP Pena de Francia o traballo cooperativo forma parte das dinámicas das aulas como forma de acadar unha aprendizaxe eficaz, respectando as individualidades e os distintos ritmos de desenvolvemento e aprendizaxe.

SLOGANS TO SAVE OUR PLANET

Este curso estamos a participar na plataforma Etwinning co proxecto "Blue planet-Green planet". En quinto elaboramos slogans para salvar o planeta. Utilizamos a estrutura "1-2-4" pero a simplificamos a "1-4".

FRUIT PROJECT: WHAT´S IN SEASON IN SPAIN?

Neste curso 2017/2018 volvemos a participar no "Plan Proxecta". Os nen@s de quinto estivemos a facer un traballo sobre froita de temporada e os beneficios do seu consumo. Fixemos un calendario usando a estrutura do "Folio Xiratorio", e que neste caso chamámoslle "Bandexa Xiratoria", onde se clasificaron as froitas segundo a estación.

 

ACTIVIDADE COOPERATIVA EN PLÁSTICA BILINGÜE

 Traballo cooperativo realizado entre o alumnado de segundo e o alumnado de sexto na Sección Bilingüe de plástica. Fixemos unha versión do "Folio Xiratorio", os de segundo utilizaron folios de cores e os de sexto reutilizaron follas de revistas. Esta actividade enmárcase dentro do PDI do noso centro, que este curso está adicado aos bosques. Preme na imaxe.

 

APRENDIZAXE COOPERATIVA NA CLASE DE INGLÉS


 

Preme na foto

 "Folio Xiratorio" aplicado aos "Activity Books".

 

Preme na foto

 Preme na foto

Nesta ocasión realizamos unha "Cadea de preguntas"

A

RECUNCHO DE APRENDIZAXE COOPERATIVA

Dende este curso existe un rincón na sala de mestres/as de información variada sobre Aprendizaxe Cooperativa, pensado especialmente para o profesorado que se incorpora ao centro; asi encontramos os tres ámbitos ben definidos:

- O ámbito de intervención A, cas diferentes dinámicas de cohesión grupal a empregar según as necesidades do grupo clase.

-O ámbito de intervención B, cas diferentes estruturas simples,derivadas,  específicas e complexas.

-O ámbito de intervención C para ensinar a traballar en equipo.

Tamén encontramos modelos dos cadernos de equipo e caderno de aula.

En fín todo preparado para implementar na aula!!

 

 

 

 

 

 

 

 

Creando historias con Aprendizaxe Cooperativa

Un bosque con centos de historias" este é o fio condutor que dende a Biblioteca lle propuxemos ao profesorado e alumnado para que creasen unha historia; como o  bosque  é o lugar onde se desenvolven moitos  libros, pensamos que era unha boa forma de comezar a traballar o noso proxecto documental. 

Dende hai anos o noso colexio traballa con Aprendizaxe Cooperativa e pareceunos interesante que esta actividade fose realizada por equipos de traballo, xa que a expresión escrita en xeral cóstalle un pouco máis, pero ao traballala xuntos xurxen máis ideas  e logran participan todos por igual.

Asi se lle entregou unha silueta dunha folla a todos os equipos de cada clase, se lles dixo que tiña que desenrolarse nun bosque, comenzaron  traballar mediante a estrutura do Folio Xiratorio, logrando crear unhas historias ben bonitas e moitas delas de medo. En Educación Infantil as historias foron creadas na Asamblea. 

Agora estas creacións están  expostas  nun gran mural na entrada da Biblioteca, que representan dúas árbores cas súas particulares follas.

A AVALIACIÓN NA APRENDIZAAE COOPERATIVA

A avaliación da Aprendizaxe Cooperativa vai a ser o reto neste curso 2015-2016, para elo imos empregar toda a información e formación recibida da Universidade de Vic e empregaremos un libro que nos parece moi interesante “La evaluación en el apredizaje cooperativo. Cómo mejorar la evaluación individual a través del grupo,” dos irmáns Johnson, pioneros neste ámbito.

O propósito deste libro é proporcionar unha guía práctica sobre o uso de grupos de aprendizaxe cooperativa como contexto para a avaliación de grupos, a coevaluación, a avaliación individual e a autoevaluación. Ofrece un amplo abano de procedementos de avaliación que na súa maioría requiren un contexto de grupo.Demostran que os ambientes cooperativos na aula permiten aos alumnos coidar os uns dos outros e favorecer ao mesmo tempo a súa aprendizaxe e o dos demais, creando procedementos de avaliación.

 Os autoresDavid W. Johnson é profesor de Psicoloxía da Educación na Universidade de Minnesota e Roger T. Johnson é profesor de Currículo e Ensino na Universidade de Minnesota. Ambos son Co-directores do Cooperative Learning Center (www.co-operation.org). Autores de numerosos libros e artigos de investigación, traballaron como consultores en escolas de todo o mundo e recibiron multitude de premios polo seu labor como investigadores e educadores, centrada especialmente na aprendizaxe cooperativa.

FOISE PERE PUJOLÀS MASET

O día 28 de xullo deixounos para sempre o mestre de mestres.

A inicios deste mes de xullo, cando compartiamos con el eses dous días ilusionantes, na que nos serviu para  intercambiar  experiencias, reflexións, debates, dudas... para seguir avanzando na aprendizaxe cooperativa, non pensabamos que xa nunca máis íamos a compartir o seu saber estar, a súa sabiduría, o seu cariño polo bo facer... non sabíamos que estabamos disfrutando e realizando a derradeira despedida.

El que tivo a visión de ver como mellorar a educación, de apostar por esta metodoloxía inclusiva, de saber como levala a práctica e obtendo ao cabo dos anos excelentes resultados. Os que estivemos no Simposio e lle demos aquel merecido aplauso polo seu traballo, agora máis que nunca,  faise aínda máis forte e sentido.

Quedamos orfos pero no noso corazón pervivirá por sempre a súa figura.

 Pere Pujolás e José Ramón Lago, os dos amigos,  compartido mesa gastronómica  no día 1 de xullo en Vigo.

 

 

III SIMPOSIO DE APRENDIZAXE COOPERATIVA, VIGO XULLO DE 2015

O 1 e 2 de xullo celebrábase en Vigo o III Simposio sobre Aprendizaxe Cooperativa, organizado pola Universidade de Vic, cefore de Vigo e Pontevedra. Este simposio estaba destinado principalmente a aqueles centros de Infantil e Primaria, Secundaria e centros de profesores que levan á práctica o programa sobre Aprendizaxe Cooperativa, impulsado pola Universidade de Vic.

Os obxectivos xerais do III Simposio foi debater e chegar a conclusións ao redor dos principais retos que se expuxeron na aplicación do Programa CA/AC, sobre os cales se está a reflexionar durante os últimos anos, tamén compartir, a través de comunicacións, as experiencias como docentes ou asesor@s na aplicación do Programa CA/AC para introducir a aprendizaxe cooperativa na aula para facela máis inclusiva.

Asi nas oito mesas de debate se presentaron variadas experiencias de centros educativos nos que se está traballando con esta metodoloxía. Na súas intervencións expuxeron o punto de vista d@s docentes, os retos e dificultades aos que tiveron que facer fronte e a súa valoración do proceso e dos resultados.

O noso centro do CEIP do Pena de Francia estivo presente na mesa de debate 1 sobre a proceso de construción  do proxecto da Aprendizaxe Cooperativa, a cargo da profesora Isabel Domínguez, como coordinadora de AC, presentando a  experiencia durante estes cinco curso de traballar con esta metodoloxía. Nesta mesa compartía experiencia un centro de Mallorca e outro de Barcelona.

Ademais profesorado do centro asisteu nestes dous días de formación.

Nos diferentes debates púxose de manifesto a profunda reflexión e interés por parte do integrantes sobre o tema que sustentaba cada unha das propostas.

Neste Simposio celebrouse a primeira Asamblea Xeral  da Rede Khelidôn de centros para o aprendizaxe cooperativa, onde un importante número de centros adheriuse a esta rede de información.

O remate do Simposio resaltáronse as conclusións en cada unha das mesas A nivel xeral algunhas das reflexións máis destacadas foi unha maior corresponsabilidade do alumnado por sacar adiante os traballos na aula, máis participación e unión tanto na aula como nas actividades de lecer, demanda por parte do propio alumnado de seguir traballando en equipo; a necesidade de “obligar” ao profesorado a participar nesta metodoloxia,  coordinación entre o mestres dentro da comisión de AC, importancia da intervención das  familias e de que os equipos directivos estén implicados para consolidar este proxecto que ten que ser de centro....

Destacar a emocionante e merecida ovación ao Dr Pere Pujolàs, o grande experto, por todo o seu traballo durante estes anos na difusión da aprendizaxe cooperativa no nosopaís, dándolle o mando na dirección deste proxecto á  Mila Naranjo e a José Ramón Lago, momento en que este último emocionouse ante a carga emotiva.

Nos dous anos que faltan para o IV Simposio, que terá lugar en Palma de Mallorca, esperamos estar e compartir novos avances do noso centro e ser cada vez máis neste gran equipo de profesionais.

VISITA DE JOSÉ RAMÓN AO PENA

José Ramón Lago Martínez é profesor titular da Facultade de Educación da Universidad de Vic (Barcelona), compaxina a docencia universitaria ca tarefa de asesor psicopedagóxico do Departamento de Educación. Na actualidade está sendo o noso asesor externo para o desenrolo do programa de Aprendizaxe Cooperativa, que se leva a cabo no centro.

El elexiu o noso centro para visitar, o pasado 21 de xaneiro, e acompañarnos durante unhas horas na nosa labor docente.

Estivo nalgunhas das aulas de Educación Infantil e de Primaria observando e analizando o traballo que se realiza, constatando que a Aprendizaxe Cooperativa favorece entre o alumnado o interés e a motivación por aprender e o bo clima entre eles.

Tivemos, por outro lado, a oportunidade de reunirnos con el os mestres implicados nesta metodoloxía, para realizar unha valoración do que se realiza diariamente nas aulas, tratando de dar resposta as nosas observacións, inquedanzas e preguntas co fin de seguir avanzando con ilusión nesta metodoloxía.

Foi unha xornada moi interesante e produtiva porque consideramos, o asesoramento, un recurso fundamental e necesario do sistema educativo para mellorar a calidade dos procesos de ensino e aprendizaxe.

Agradecemos a José Ramón o esforzo e interese por visitarnos.

 

APRENDENDO A COOPERAR -COOPERANDO PARA APRENDER. POR QUE A APRENDIZAXE COOPERATIVA NA NOSA ESCOLA?

A Aprendizaxe Cooperativa é un término xenérico para referirse a numerosas técnicas de organizar e conducir a instrución na aula, caracterizada polo traballo en grupos pequenos de alumn@s heteroxéneos para lograr obxectivos comúns de aprendizaxe, logrando con elo contribuir a maximizar a aprendizaxe e educar a persoas capaces de cooperar e de establecer boas relacións humanos.

As investigacións sobre os beneficios intelectuais e actitudinais desta metodoloxía convírtena nun procedemento educativo ampliamente investigado ao longo de máis de tres décadas e ampliamente aplicado en todos os niveis da educación, dende infantil ata o universitario, e en todas as áreas de contido. De feito, aínda que é menos empregado que outras formas máis tradicionais, onde prima a competitividade e o individualismo, a Aprendizaxe Cooperativa está sendo empregada de forma cada vez máis crecente no ámbito educativo.

O Proxecto Educativo do CEIP Pena De Francia contempla a educación como un proceso integral, co fin de desenvolver todos os aspectos da personalidade do alumnado, sen distincións sociais, económicas, intelectuais, sexuais... Contribuindo a educar ao alumnado para que se convirtan en cidadáns reflexivos, tolerantes e críticos, capaces de respetar a idiosincrasia e os diferentes valores.

Para acadar estes obxectivos, o centro leva traballando dende o curso 2010 coa Aprendizaxe Cooperativa na aula, como unha opción metodolóxica para atender ás necesidades dunha escola coma a nosa: multicultural e diversa; ao presentar o alumnado unha ampla diversidade en canto a capacidades, intereses, procedencia socioeconómica e cultural; ante o que o profesorado asume o reto de intentar dar resposta a esta diversidade, para que cada un dos rapaces e das rapazas poida acadar o máximo nivel de desenvolvemento das súas competencias, segundo as súas capacidades. Os ámbitos de intervención para estruturar de forma Cooperativa a Aprendizaxe na aula son tres: 

  1. O ámbito de intervención A, inclúe actuacións relacionadas coa cohesión de grupo.
  2. O ámbito de intervención B, abarca actuacións caracterizadas pola utilización do traballo en equipo como recurso para ensinar, co obxectivo de que aprendan mellor os contidos escolares, coa colaboración de todas e todos os membros do equipo.
  3. O ámbito de intervención C, conleva actuacións encamiñadas a ensinar aos alumnos e alumnas a traballar en equipo dunha forma sistemática e eficaz.

Ao longo destes catro cursos foise integrando a Aprendizaxe Cooperativa nas aulas chegando a converterse nun recurso imprescindible para as mestras e mestres. A finais do curso 2012-2013 creamos, a través da aprobación no Consello Escolar, a Comisión de Coordinación Aprendizaxe Cooperativa como un órgano de debate, organizativo e que facilita o traballo e a coordinación entre os mestres/as que implementan esta metodoloxía.

Durante estes anos de implantación e reflexión educativa poidemos comprobar que a Aprendizaxe Cooperativa é un instrumento para lograr a inclusión e a cohesión social, permite o desenvolvemento de estratexias de atención á diversidade na aula, facilita o desenvolvemento das competencias básicas no alumnado apreciando que os contidos traballados con esta metodoloxía afianzanse máis. En resumo podemos decir que nas aulas en Educación Infantil e Primaria do CEIP Pena de Francia o traballo cooperativo forma parte das dinámicas das aulas como forma de acadar unha aprendizaxe eficaz, respectando as individualidades e os distintos ritmos de desenvolvemento e aprendizaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut