Dende o día 19 de maio ata o día 22 de xuño de 2022 está aberto o prazo para a solicitude de axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
A solicitude pódese presentar:
- PREFERENTEMENTE NA SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia. Cubriranse as solicitudes na aplicación Fondolibros [4]. Unha vez cuberto e gardado correctamente o formulario de solicitude tedes dúas opcións: podedes presentala telemáticamente na SEDE ELECTRÓNICA [5] ou no centro. Se clicades AQUÍ [6] teredes o manual de uso dos cidadáns para cubrir na plataforma.
- No centro: traerase o formulario cuberto a man coa documentación necesaria no horario de secretaría de 13:45h a 14:20h. Excepto o mércores día 22/06 que o horario será de 12:00h a 12:30h.
INSTRUCCIONS PARA CUBRIR IMPRESO DA SOLICITUDE [7]
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
- Anexo I [8]
- Anexo II [9]
- Copia do libro de familia.
Se a situación familiar é diferente á do libro, terá que traerse certificado ou volante de convivencia e/ou informe dos servizos sociais.
- De darse o caso, sentenza xudicial de separación/divorcio.
- No caso de discapacidade, incapacidade permanente total ou grande invalidez dalgún dos membros igual ou superior ao 33% presentarase no caso de non autorizar a consulta.
- No caso de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación presentarase documentación acreditativa.
PRAZOS
- Ata o 22 de xuño entregaranse as solicitudes.
- O 4 de xullo publicarase a listaxe provisional no taboleiro do centro. Poderase reclamar nos dous días seguintes á dita publicación (5 e 6 de xullo).
- O 8 de xullo publicarase a listaxe definitiva.
RECOLLIDA DE LIBROS
Os libros prestados no presente curso entregaranse por medio dos titores/as antes do 22 de xuño de 2022.
A entrega dos libros e vales para o curso 2022/2023 farase no inicio do vindeiro curso no mes de setembro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO I.pdf [11] | 1.61 MB |
ANEXO II.pdf [12] | 990.25 KB |
PRAZOS FONDOLIBROS 2022 2023.jpg [13] | 102.49 KB |
formas presentación.jpg [14] | 288.12 KB |
INSTRUCCIONS PARA CUBRIR SOLICITUDE FONDOLIBROS.pdf [15] | 1.8 MB |