Utilidade das Tics

Necesidades de conectividade e/ou equipamento dixita

 

Grazas pola vosa colaboración respondendo ao cuestionario sobre conectividade e dispositivos informáticos.

As tics na educación

Temos varios apartados diferentes nesta sección:

 

1.- As TICS na educación.
2.- Características do uso de Internet polos rapaces.
3.- Código de Navegación Segura.
4.- Enlace de interese para pais- nais

 

1.- As TICS na educación: 

 As TICs son xa unha das pilastras básicas da sociedade e, hoxe por hoxe, é necesario proporcionar ao cidadán unha educación que teña en conta esta realidade pois a sociedade actual demanda unha mínima cultura informática.

É preciso entender cómo se xera, cómo se almacena, cómo se transforma, cómo se transmite e cómo se accede á información a través dos textos, das imaxes e do son se non se quere estar ao marxe das correntes culturais.

Hai que tentar participar na xeración das TICs para lograr, libre, espontánea e permanentemente, unha formación ao longo de toda a vida e débense usar as TICs para aprender e para ensinar.

Non é fácil practicar una ensinanza das TICs que resolva todos os problemas que se presentan, pero hai que tratar de desenvolver sistemas de ensinanza que relacionen os distintos aspectos da Informática e da transmisión de información sendo, ao mesmo tempo, o máis construtivo  posible desde o punto de vista metodolóxico.Realizar este cometido require un gran esforzo por parte do profesor implicado e un traballo importante de planificación e coordinación do equipo de profesores.

Pode ser motivadora a elaboración de materiais axeitados para o alumno, xa que non hai textos nin produtos educativos axeitados para este tipo de ensinanzas. Se trataría pois de crear una ensinanza de maneira que teoría, abstracción, deseño e experimentación estean integrados facilitando aos profesores a adquisición de bases teóricas e destrezas operativas que lles permitan integrar, na súa práctica docente, os medios didácticos en xeral e os baseados en novas tecnoloxías en particular, adquirindo unha visión global sobre a integración das novas tecnoloxías no currículo, analizando as modificacións que sofren os contidos, a metodoloxía e a avaliación, ademais de capacitar aos profesores para reflexionar sobre a súa propia práctica, avaliando o papel e a  contribución de eses medios no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Se debe buscar a mellora da Educación explorando as posibilidades educativas das TICs sobre o terreo; e dicir, en todos os lugares e circunstancias que a realidade presenta pois permitirían ao profesor  apurar o paso para alcanzar aos alumnos nacidos na era das tecnoloxías.

 

 

 

Decálogo  das TIC

 1. Crer que as TIC son a panacea que resolverá todos os problemas educativos e con­seguirá que todo o alumnado aprenda mellor. DESACONSELLADO

1. Entender que o valor educativo das TIC depende de cómo se usen. RECOMENDADO


2.Esperar a ser experto en informática para poder introducir as TIC no traballo del aula. DESACONSELLADO

2.Tomar conciencia de que o profesorado é experto en procesos de ensinanza e aprendizaxe; non se espera, nin é impres­cindible, que sexa experto en TIC. RECOMENDADO

 

3. Pretender que o profesorado sempre saiba máis que o alumnado de calquera tema (como si a única forma de "ensinar" fose transmitir o que un xa sabe). DESACONSELLADO

3. Decidirse a aprender a  vez que o alumnado, con o alumnado e, incluso, a partir do que o alumnado xa sabe. RECOMENDADO


4. Reducir o uso dos ordenadores a  resolución de exercicios ou tarefas cerra­das, non pensar nas variadas posibili­dades das TIC para posibilitar o tra­ballo activo e creativo por parte do alumnado. DESACONSELLADO

4.Seleccionar actividades para desenrolar os contidos que se estean traballando, tendo en conta qué se quere conseguir en cada fase, e planificando, de forma complementaria, qué queremos que aporten as TIC y de qué forma vamos a traballar utilizando outros recursos. RECOMENDADO

 

5. Utilizar programas educativos ou cal­quera outra ferramenta que nos recomenden, a pesar de que o profesorado non a explorara antes. DESACONSELLADO

5. Antes de utilizar calquera recurso débese coñecelo para valorar a súa adecuación as condicións do noso alumnado: nivel de dificultade, axuste ao currículo, cri­terios didácticos con que se elaborou (cómo avisa dos acertos ou erros, qué valores transmite, en qué concepto de aprendizaxe se basea...). RECOMENDADO

 

6. Insistir en que os nenos e nenas accedan ao ordenador de un en un, ou co  apoio exclusivo do profesor ou profesora. DESACONSELLADO

6. É certo que os ordenadores parecen pensados para o uso individual, pero son susceptibles de promover o traballo entre varios nenos e nenas, que van aprendendo uns de outros. RECOMENDADO

 

7. Utilizar exclusivamente o ordenador para os alumnos que rematen antes as tarefas ou calquera outro procedemento que non garanta que o usan máis quen máis o necesita e no  momento axeitado. DESACONSELLADO

7. Planificar a forma en que cada alumno/a se beneficie do traballo co ordenador, e na función dos obxetivos educativos que se queiran desenrolar. RECOMENDADO

 

8. Considerar que o uso das tecnoloxías é complexo e só está ao alcance do alumnado con mores capacidades. DESACONSELLADO

8. Utilizar os recursos das TICs para favorecer a integración e o aprendizaxe do alumnado con necesidades educativas especiais. RECOMENDADO


9. Pensar que calquera contido se aprende mellor usando o ordenador ou as “novas tecnoloxías”. DESACONSELLADO

9. En Infantil e Primaria, a manipulación desempeña un papel moi importante e non pode ser substituído por recreacións ou simulacións no ordenador. RECOMENDADO

 

10. Substituír todas as actividades de ensinanza, incluso o traballo de grupo e o apoio do profesor, por programas educativos, crendo que a través deles se pode desenrolar, sen máis, todo o currículo. DESACONSELLADO

10. En todas as etapas educativas, pero aínda máis en Infantil e Primaria, os aspectos emocionais e de relación ocupan un lugar prominente no aprendizaxe,e ningunha máquina pode desempeñar a mesma función que o profesor nin equipararse ao aprendizaxe social entre iguais. RECOMENDADO

 

 

 

2.- Características do uso de Internet polos rapaces. 

 A maioría dos pais advirte os seus fillos que non deben de falar con persoas estrañas, ou abrir a porta a un descoñecido se están sós na casa e que non deben dar ningunha información a calquera que chame por teléfono.
A maioría dos pais tamén controla onde van xogar os seus fillos, que programas de televisión ven e os libros e revistas que len. Non obstante, moitos pais non se decatan de que o mesmo nivel de supervisión e orientación se debe de prover aos nenos cando se conectan a Internet.

 Segundo a Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (España) un 30 % dos nenos con cinco anos usan Internet, máis do 60% entre os 8 e 13 anos e un 75% en de adolescentes entre os 15 e os 17 años. Só un de cada tres dos menores que utilizan habitualmente Internet, ten como obxectivo principal a busca de información. A maior parte, un 66%, concíbeo como unha ferramenta de ocio: un 36% conéctase fundamentalmente para chatear, outro 17% para xogar e finalmente outro 13% para buscar música.

 É por iso que os mestres, policías,pediatras... recomendamos aos pais un axeitado control sobre as actividades que os menores desenvolven fronte á pantalla.

  Gustos e intereses:

 A medida que os nenos crecen son diversas as necesidades de coidado que como profesionais podemos recomendar aos pais que atendan ao exposto na seguinte táboa:

 

Evolución e integración das novas tecnologías no desarrollo dos nenos/as.

 

 

De 1 a 2 anos 

Comeza o coñecemento básico causa-efecto.

 

Xogos que requiran tocar unha soa tecla.

 

Bo momento para introducir as bases do teclado e o rato.

 

Non se deben ter demasiadas expectativas pola falta probable de habilidades motoras finas para controlar o rato. 

 

De 2 a 4 anos 

 

Implicación dos pais.

Actividades frecuentes: Mirar fotografías da familia, utilizar unha cámara Web para comunicarse con parentes ou visitan sitios para nenos.

Atención limitada para as actividades en liña.

Estímulo da imaxinación a través das imaxes de Internet por incorporarse ás súas experiencias.

Aos 3 anos comezan a estar listos para o uso de software apropiado con historias e quebracabezas.

Bo momento para axudalos a empregar o rato e comprender o uso do teclado.

A temática inclúe cores, formas, letras e números, práctica de actividades de agrupamento, clasificación e seriación, educación musical e artística.

Emprego de actividades de verdadeiro ou falso e software onde poidan crear e explorar libremente.

Fomentar hábitos posturais saudables e temporalizar o uso do ordenador.

 

 

De 5 a 6 anos 

Desexan explorar a Web por si mesmos.

 

A orientación dos pais sobre a navegación de forma segura por Internet é importante.

 

Os nenos de 5 a 6 anos normalmente teñen un punto de vista positivo e unha natureza aberta. Xa saben ler e contar, e lles encanta conversar e compartir ideas.

 

Confían na autoridade dos adultos sen cuestionala.

 

 

De 7 a 8 anos 

 

Crece o interese.

 

Parte do comportamento normal dos nenos deste grupo de idade é ver como se poden escapar. Mentres están conectados, os nenos desta idade intentar ir a sitios ou falar en salas de Chat onde os seus pais non lles darían permiso.

 

Os nenos de sete e oito anos teñen un agudo sentido da familia. Están a empezar a desenvolver un sentido da súa propia moral e identidade de xénero, e normalmente están interesados nas actividades dos nenos maiores que forman parte das súas vidas. Os nenos de 7 a 8 anos tenden a confiar doadamente e, polo xeral, non cuestionan a autoridade.

 

 

 De 9 a 12 anos 

 

Expertos en liña. Os preadolescentes queren sabelo todo e oíron que está na Web. É normal que intenten descubrir o que hai. Para cuestións que os pais poderían considerar obxectables (por exemplo, contido para adultos de sexo explícito ou instrucións para fabricar unha bomba), poden utilizar o asesor de contidos.

 

Este programa incluído no navegador Internet Explorer permite o control do acceso a determinados sitios. O criterio que se aplica para efectuar os controis son baseados en nudez, linguaxe, sexo e violencia.

 

 

13 a 17 anos 

 

Tecnicamente sofisticados. Axudar os adolescentes coa seguridade en liña resulta bastante complicado,porque normalmente saben máis que os seus pais sobre o software de Internet. Mesmo


con nenos maiores, é importante que os pais adopten un papel activo para guiar o uso de Internet dos nenos. Un cumprimento estrito das normas de seguridade en liña acordada polos pais e os fillos, así como as revisións frecuentes

 

 

 

3.- Propoñemos como ferramenta básica na instrución aos pais e aos nenos e nenas que navegan pola Internet o "Código de Navegación Segura":


1.- O neno non debe facer uso sen a supervisión próxima dun adulto responsable.


2.- O ordenador debe estar situado nun lugar común do fogar. A pantalla debe estar á vista.


3 - Navega, chatea e conversa de xeito frecuente xunto aos teus fillos: Compartir Internet.


4 - Ensina os teus fillos a consultalo antes de facilitar datos persoais mediante correo electrónico, salas de Chat, foros e formularios persoais.


5 - Fale aos seus fillos da sexualidade responsable, xa que os nenos poden encontrar
contido para adultos ou pornografía en liña. Anima os nenos-nenas a que te informen
sobre situacións desagradables


6 - Elixe un sitio axeitado para os seus fillos como "paxina de inicio". Monta e supervisa
unha lista de sitios favoritos.


7 - Conversa con eles dos seus amigos e actividades en liña do mesmo modo que
doutras actividades do mundo real na que empezan a coñecer persoas novas.


8 - Ensinalles a ter un comportamento en liña responsable e ético e practica ti mesmo o exemplo.


9 - Comunicalle aos teus fillos que ti estarás ao tanto das súas actividades en liña.


10 -
Estate atento ao que os teus fillos che informen, escóitaos e acompañaos nestas etapas de descubrimento.

 

 

 

4.- Enlaces de interese:

 

Non todos van ser enlaces para os reis da casa, aquí vos presentamos algúns que esperemos que vos sexan útiles e de bo agrado.

 

Busca a Gasoliñeira e o combustible máis barato:

Pica sobre a imaxen

 

Axenda cultural de actividades para pais\nais e para nenos\as en Vigo:

 

Pica sobre a imaxen

 

 Receitas de todo o mundo:

Pica sobre a imaxen

 

Axenda de actividades do Concello:

Pica sobre a imaxen

 

Canais de Televisión on-line:


 Pica sobre a imaxen

 

Tódalas emisoras de radio FM:

 

Pica sobre a imaxen

 

Festas en Galicia:

 

Pica sobre a imaxen

Distribuir contido