Eshan Ullan Khan


 

Eshan Ullan Khan


Ullah Khan chegou por casualidade a converterse nun dos referentes mundiais contra a escravitude infantil. Era xornalista e traballaba nun diario local, pero en 1967 cruzouse cun rapaz de 18 anos, escravo, cos ollos cheos de bágoas apostado a un lado da estrada. "Quixen axudalo, díxenlle que el era libre como calquera outra persoa que nace noutra parte do mundo, pero el só quería morrerse. Neste instante decidiu emprender a súa loita, fundou a Fronte de Liberación do Traballo Forzado, que o levou a prisión e a sufrir varios intentos de asasinato. Dende 1995 vive "forzosamente" no exilio en Suecia sen posibilidade de poder regresar á súa terra. No país nórdico creou o movemento Marcha Global dende onde articula a loita para erradicar a explotación infantil con políticas de educación. Khan logrou que cinco empresas de Paquistán pechen as súas instalacións e a liberación de centos de nenos.

Un menor que traballa nunha fábrica de Paquistán, de Cambodja ou de Bangla Desh entra ás 4 da mañá e sae ás 6 da tarde. Os horarios roldan entre as 10 e as 16 horas e o salario non supera os 2 € ao día. As industrias de roupa, alfombras, fútbol ou de material médico susténtanse co traballo de menores que son vendidos ás mafias ou ás empresas polos seus propios pais. "Comprar un neno en Paquistán é moi barato e unha vez que o fixeches, podes facer con el o que queiras". Así lle sucedeu a Iqbal Masih, vendido pola súa nai cando tiña cinco anos a cambio de 600 rupias (12 €). Masil comezou a traballar nunha fábrica de alfombras persas destinadas ao mercado occidental onde ademais era maltratado e se despoxaba de todos os seus dereitos. Con 10 anos cruzouse no seu camiño a Fronte do Ullah Khan quen conseguiu liberalo e convertelo nunha figura contra a escravitude dos nenos. Despois dunha viaxe a Estados Unidos, a mafia asasinouno cando tiña 12 anos.


 

  • 6 de maio. Alumnado de 6º de EP. Sala de vídeo.