XVI Campaña de animación á lectura


 

XVI Campaña de animación á lectura

Contos para despois da chuvia


A campaña deste ano está baseada no traballo de Miguel Rico, que resultou gañador do VIII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, convocado por este Departamento de Educación e Cidadanía e a Editorial Kalandraka. Esta iniciativa, que xa vai pola súa XVI edición, desenvolverase dende o 1 de abril ata o 14 de maio de 2016 e comprende un conxunto de iniciativas en prol da animación á lectura para as familias, o profesorado e os nenos e as nenas de Santiago. Quere achegar a lectura aos nenos e ás nenas ao mesmo tempo que se crea un clima agradable e motivador que favoreza a escoita e o poder da palabra como elemento evocador. Ademais, dende o Departamento quérense promover as tradicións e expresións orais en lingua galega como vehículo do noso Patrimonio Cultural Inmaterial.

 

  • Alumnado de 4º de EI B e C, 7 de abril.
  • Alumnado de 4º de EI A , 12 de abril.

  • Alumnado de 5º de EI A e C, 19 de abril.
  • Alumnado de 4º de EI B, 21 de abril.