Complementarias

Hoxe, Día internacional da muller, as nenas e nenos de Ponzos reflexionamos sobre o reparto de tarefas entre as nais e os pais.

Para iso, fixemos este mural no que indicamos que tarefas fan as nosas nais e pais. 

Morado: mamá.

Verde: papá. 

Amarelo: ambos fan a tarefa.

Que cor vedes que predomina?

 

 Ademais, as nenas e nenos de infantil limos o conto "Vivan las uñas de colores" e tivemos unha sesión de manicura moi divertida!

 

O 23 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro e para celebralo fixemos este programa especial de Ponzos nas Ondas:

http://bibliotecaponzos.blogspot.com/2022/02/ponzos-nas-ondas-especial-rosalia.html

Ademais, Xabi recita unha das súas poesías en Lingua de Signos:

http://bibliotecaponzos.blogspot.com/2022/03/dia-rosalia-lse.html

E as nenas e nenos de infantil realizaron este mural:

O pasado 29 de outubro celebramos o Samaín. Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos!

Podedes saber os gañadores do concurso de portas no seguinte programa de radio: http://bibliotecaponzos.blogspot.com/2021/11/halloween-e-samain-5-a.html

 

 

 

 

 

 

 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñemos que participedes na actividade "Apertas musicais" coa que dedicarlle cancións en galego aos compañeiros e compañeiras de Ponzos. En cada programa de Ponzos nas Ondas emitiremos unha dedicatoria e as demais cancións serán recollidas nunha lista de reprodución da nosa canle de Youtube. 

Anímate e participa!

O pasado venres 7 celebramos a festa dos Maios cantando as nosas propias coplas. Aquí vos deixamos un vídeo que esperamos que vos guste Risa

 

Os nenos e nenas de Ponzos preparamos estes contos terroríficos polo Samaín, esperamos que vos gusten e que non pasedes moito medo! Canso

 

Ola rapazas e rapaces,

o venres 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente e  dende Sogama recórdannos unha serie de boas prácticas que debemos levar a cabo para reducir o uso de plástico. Podedes velas aquí: http://www.sogama.gal/gl/campanha/desplastif%C3%ADcate-di-non-aos-pl%C3%A1sticos-de-usar-e-tirar

Ademais, o vindeiro luns 8 de xuño tamén se conmemora o Día dos Océanos para o que Sogama nos ofrece cinco pezas audiovisuais protagonizada pola Familia Trebón e orientadas ao mantemento dun mar limpo: http://www.cadernoverde.gal/merenda-marina/

Coa chegada do bo tempo son moitos os paseos que damos pola praia e o monte e dende o CEIP de Ponzos animámosvos a que coidedes estes espazos non tirando lixo e recollendo aquel que encontredes ciscado. 

E lembrade: as mascarillas van ao contedor de restos, de cor verde. 

Entre todos e todas podemos facer un mundo mellor!Guiño

ESTE ANO NON PODEMOS XUNTARNOS COS OUTROS COLES DE FERROL A CANTAR E BAILAR NA PRAZA PARA CELEBRAR A CHEGADA DA PRIMAVERA E AS FLORES.

ESTA VEZ TOCOU CELEBRAR OS MAIOS NA CASA, E FIXÉMOLO CREANDO OS MAIOS FLORIDOS QUE VEREDES NESTE VIDEO E CANTANDO AS COPLAS DOS MAIOS QUE ESCOITAREDES NUN FUTURO PRÓXIMO.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.

Aínda que este ano non poderemos facer o xa tradicional maio no colexio, animámosvos a facer outra actividade proposta polo equipo de normalización da lingua galega do CEIP Manuel Masdías.

Dende o noso centro, animámosvos a que fagades o voso "maio" co material reciclado do que dispoñades nas vosas casas ou agora tamén flores, ramas, ou pedras que xa podedes coller na rúa e que os colguedes nas terrazas,balcóns ou ventás, para darlle colorido ás rúas.

Ademais, dende o noso colexio animámosvos a que saquedes unha foto co maio para que nola enviedes ao correo do noso colexio (ceip.ponzos@edu.xunta.es), para que poidamos facer un vídeo.

Ademais, animámosvos a que participedes cantando un maio que coñezades ou que inventedes. A razón é que coas gravacións de audio (soamente son) que fagades, faremos un pequeno programa de radio que colgaremos no blogue da biblioteca. Estas gravacións deberedes envialas tamén ao correo do centro (ceip.ponzos@edu.xunta.es).

Tedes de prazo ata o 8 de maio para enviar as vosas fotos e gravacións de son.

Saúde e feliz maio!!!

Dende o colexio, co material dispoñible no centro, construíronse 100 máscaras para a residencia de maiores DomusVi de Narón.

Consideramos que é útil axudar nos actuais momentos complicados nos que nos atopamos.

 

Distribuir contido