Secretaría

Adxuntamos en arquivos anexos as instruccións para o uso da aplicación COLECHEF, referente á xestión dos servizos do comedor.

Hai dous arquivos: para usuarios actuais e para novos usuarios.

PREVISIÓN DE VACANTES ESCOLARES

Educación Infantil:

4º Ed. Infantil (3 anos)  - 20 ....... 3 (prazas NEAE)

5º Ed. Infantil (4 anos)  -   0

6º Ed. Infantil (5 anos)  -   0

 

Educación Primaria:

1º Educación primaria   -   0

2º Educación primaria   -   0

3º Educación primaria   -   0   

4º Educación primaria   -   12

5º Educación primaria   -   1

6º Educación primaria   -   7 

 

 CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN:

Do 1 ao 20 de marzo: prazo de presentación de solicitudes.

Do 21 ao 5 de abril: presentación de documentación xustificativa.

Antes do 25 de abril: listaxes provisionais.

Antes do 15 de maio: listaxes definitivas.

Do 20 ao 30 de xuño: formalización de matrícula.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Manual para as familias: DescargarFicheiro.do (xunta.gal)

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Horario de secretaria para presentar a documentación:
    • Luns e martes de 09:00h a 09:50h.
    • De mércores a venres de 13:10h a 14:00h.
    • Martes pola tarde de 16:00h a 17:00h.

 

Pincha na imaxe para ver o cartel coa información de Portas Abertas.


Se as familias de usuarios de comedor teñen algunha urxencia teñen que dar aviso a través do seguinte teléfono ou correo electrónico da oficina:

As saídas só se realizarán nas dúas quendas marcadas: ás 15:15h e ás 15:50h. Se algunha familia por razóns moi xustificadas teñen que facelo noutro horario é necesario que presenten solicitude por escrito.

Distribuir contido