Iniciar sesión: Acceso

NOVAS do CEIP PORTOSÍN

 

 

Aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024/2025

 

DESTINATARIOS: alumnado de nova incorporación, nacido no ano 2021 e alumnado de infantil e primaria que precise un cambio de centro educativo para o vindeiro curso.

 

O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de marzo.

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

- Cubrir a solicitude na Sede Electrónica e asinala coa chave 365 ou con certificado electrónico.

Acceso a admisión alumnado.

- Cubrir a solicitude informáticamente e entregala no centro asinada manualmente.

- Cubrir a solicitude manualmente e entregala no centro.

Solicitude en galego              Solicitude en castelán

(tamén poden recoller en conserxería o formulario) 

 

Calquera das tres opcións precisa ser acompañada da seguinte DOCUMENTACIÓN:

- Fotocopia do libro de familia.

- Fotocopia dos DNIs dos proxenitores ou titores legais.

- Fotocopia da resolución xudicial de separación ou divorcio se fose o caso. 

HORARIO DE ENTREGA NO CENTRO:

 - De luns a venres de 10:00h a 14:00h.

PRAZOS A TER EN CONTA:

- 25  de abril: Publicación da listaxe provisional de admitidos e excluídos.

- 15 de maio: Publicación da listaxe definitiva.

- Do 20 ao 30 de xuño: Formalización de matrícula coa seguinte documentación:

            -  2 fotos carnet

            - fotocopia da tarxeta sanitaria

            - fotocopia do libro de vacinas

            - informe médico

 

VACANTES PARA O CURSO 2024/2025

 

            CURSO VACANTES
  •            4º de infantil
        20
  •            5º de infantil
        11
  •            6º de infantil
        11
  •            1º de primaria
          8
  •            2º de primaria
          5
  •            3º de primaria
          4
  •            4º de primaria
          8
  •            5º de primaria
        11
  •            6º de primaria
          7

 

 

 

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

No Ceip Portosín só poderán presentar a solicitude o alumnado de 6º de primaria que vaia cursar 1º de ESO no IES de Porto do Son. O alumnado que vaia facelo noutros centros deberá presentar a solicitude no propio centro ou telematicamente.

Máis información

 

    •  IMPORTANTE:

ENTRADA EN FUNCIONAMENTO DO "PROGRAMA CONCILIA" .

Este curso 23/24, no Ceip Portosín, imos contar cos servizos de Plan Madruga e Comedor Escolar, ámbolos dous xestionados pola "Anpa Coira" que xa ten un acordo coa empresa especializada "SOMOS ENREDOS SL" para a xestión dos mesmos.

O espazo que se vai destinar ao servizo de comedor xa conta cos permisos necesarios para comezar o seu funcionamento. Será o día 19 de outubro de 2023.

A Aula Madruga xa está en funcionamento desde principio de curso.

Os horarios destes servizos serán os seguintes:

Aula Madruga: 7:30h a 9:25h (de setembro 2023 a 21 xuño de 2024) - Prezo: 30€/mes.

  Inscrición online: acceso inscrición 

Servizo comedor: 14:25h a 16:00h (19 de outubro de 2023 -  21 xuño de 2024)

Inscrición comedor:acceso inscrición

Actividades Extraescolares: Haberá actividades de luns a venres en horario de 16:00h a 18:00h. Para ver o abano de opcións dispoñibles e inscribirse, só tedes que rexistrarvos no seguinte formulario.

Inscrición actividades Extraescolares: acceso inscrición

 

  • Listados material aulas de primaria:

Ligazóns:

    2º               

 

 Os listados de 3º e 5º de primaria colgaranse en canto se incorpore o profesorado substituto pendente de nomear pola a Consellería de Educación. 

 

 

 

 

  • FONDO LIBROS

 

 APERTURA DO PRAZO PARA PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE

TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

O prazo para presentar as solicitudes comeza o día 20 de maio e remata o 21 de xuño de

2023 (ámbolos dous incluídos).

 

Orde do 10 de maio do 2023

 O alumnado matriculado no centro poderá solicitar:

- Fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria.

 

Recoméndase facer a solicitude a través da sede electrónica.

Tamén poderán presentarse no centro recollendo o formulario en conserxaría.

Documentación a presentar:

- Anexo I

- Anexo II

- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

- Acreditación de violencia de xénero, de selo caso

 

Só hai que presentar unha solicitude por familia, salvo que se teñan fillos en diferentes

centros (colexio + instituto)

 

Calquer dúbida podedes chamar ao centro.

 

 

  

 

  • LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

 

A partir do luns 22 de maio estará exposta no taboleiro do centro a lista co alumnado aceptado para iniciar o vindeiro curso.

De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio. 

Todas as solicitudes que foron presentadas en prazo foron admitidas.

 

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

As familias admitidas deberán presentar ca matrícula (formulario que se cubre na secretaría do cole) a seguinte documentación:

- Fotocopia do libro de familia dos proxenitores

- Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria

- Fotocopia do libro de vacinas

- Informe médico

- 2 fotografías tamaño carné

 

Calquer dúbida pode poñerse en contacto co centro.

 

 

 

 

 

 15/01/2023

  • PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023/24

 

O prazo de reserva de matrícula para o alumnado de 6º de primaria que quere reservar no centro ao que estamos adscritos, IES Porto do Son, será desde o día 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

 

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da

aplicación.

 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe, Ceip Portosín, ou en calquera

dos lugares que establece a Lei 39/2015 do 1 de outubro, incluída a Sede Electrónica, para o

que se precisará a Chave 365 ou o certificado dixital, sendo esta a canle preferible de

presentación.

 

 

O prazo de formalización de matrícula será no mes de xuño no IES Porto do Son, destinado a

confirmar e rematar de entregar a documentación oportuna.

 

 

 

 

 

 

 

SOLICITUDES AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR: ATA O 22 DE XUÑO (INCLUÍDO)

CONVOCATORIA DOG                   ACCESO Á APLICACIÓN                 IMPRESOS DE SOLICITUDE                      MÁIS INFORMACIÓN NO CENTRO

LISTAS PROVISIONAIS SOLICITUDES ADMITIDAS/EXCLUÍDAS: 5 DE XULLO. RECLAMACIÓNS: ATA O 7 DE XULLO (INCLUÍDO)

LISTAXES DEFINITIVAS: 8 DE XULLO. ENTREGA VALES ADQUIICIÓN LIBROS: 9 - 13 XULLO

ENTREGA VALES MATERIAL ESCOLAR, LIBROS DE PRÉSTAMO E VALES NON RECOLLIDOS EN XULLO: SETEMBRO

 

    

       

 

 

 CURSOS ANTERIORES

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021

ACTUALIZACIÓN DO 31/08/2020

Instrucións do 30 de xullo 2020, en relación ás medidas educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021

 

ADAPTACIÓN DO COLE Á SITUACIÓN COVID-19

PLAN DE ADAPTACIÓN               PROGRAMA DE ACOLLIDA               PLAN DE CONTINXENCIA

 

 

 

 

Para evitar aglomeracións nas librarías estarán dispoñibles aquí as listaxes do material escolar. 

 

As actividades propostas polo profesorado para os diferentes cursos e materias estarán dispoñibles na aula virtual.

 Instruccións de acceso á aula virtual              Video titoriais                                    

               

Distribuir contido

Back to top