LIBROS DE TEXTO CURSO 2014-15 E MATERIAL ESCOLAR

25/06/2014 11:57
10/09/2014 11:57
Atlantic/Bermuda

Facilitámosvos a relación de libros de texto xunto co material para o vindeiro curso. En Infantil xa vos aparece todo xunto e lembrade que á Primaria está formada por 1º ciclo (1º e 2º), o 2º ciclo (3º e 4º) e 3º ciclo (5º e 6º).

NOTA: Había un erro no ISBN do libro de música de 5º e 6º.

FIN DE CURSO 2013-2014

FIN DE CURSO 2013-2014

O martes día 17 fumos de excursión a Cedeira. Saímos todos xuntos do colexio e, seguindo a Senda da auga, chegamos a Os Valos. Os pequenos fixeron parada en Chan das Pipas antes de seguir ata Cedeira, onde comemos e xogamos todos xuntos. O mércores 18 tivemos no patio do colexio a festa con inchables, xogos e baile. Foi un fin de curso divertido.

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO CURSO 2014-15

04/06/2014 13:14
02/07/2014 22:00
Atlantic/Bermuda

No Diario Oficial de Galicia do 30 de maio de 2014 sae publicada a Orde do 28 de maio do 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO ou educación especial, centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014-2015.

As novidades destacables desta convocatoria son:

1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto(non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario). O alumnado que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine.

2. O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014-15, a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros). Exclúense desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria.

 

NOTA: Na parte inferior desta información tendes o documento do DOG e o impreso da solicitude para cubrir.

ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO 2014-15

07/05/2014 12:15
20/06/2014 10:00
Atlantic/Bermuda

 NORMATIVA REGULADORA:

 

-          Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

-          ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

 

4º INFANTIL:

ALVES PADÍN, MARTÍN

COUÑAGO BESADA, BRAIS

COVELO GONZÁLEZ, AINHOA

DE LA IGLESIA PAZOS, NICOLAS

FIGUEROA FIGUEROA, ÁNGEL

LAGO ACEVEDO, ALICIA

LAGO PARADA, ANA

MIGUEZ CARREIRA, NOA

PRIETO DOMÍNGUEZ, IRIA

RIVAS CAMPOS, SEILA

 

 

6º INFANTIL:

ESTÉVEZ PORTELA, PEPE

PÉREZ CORRAL, XENXO

 

 

1º PRIMARIA:

ESTEVEZ PORTELA, ROQUE

 

 

3º PRIMARIA:

PÉREZ CORRAL, NICOLÁS

 

FESTA FIN DE CURSO

Por motivos técnicos o vídeo da Festa fin de curso está no blog da Biblioteca.        http://biblioxaquin.blogspot.com.es/

Distribuir contido