Graffitis e cómic pola paz
Aquí vos deixamos uns graffitis e tamén uns cómic que fixemos polo día escolar pola Paz.
Graffitis: http://sonsdaramallosa.blogspot.com/2012/01/grafitis-pola-paz.html
Cómic: http://sonsdaramallosa.blogspot.com/2012/01/o-noso-primeiro-comic.html
Premio Merlín 2011

O premio que outorga cada ano a editorial Xerais ao mellor libro de literatura infantil en galego foi este ano para Anxo Fariña e a obra A chave da Atlántida. (máis)
Novo Blog de Quinto_C
Os nenos e nenas de Quinto_C vimos de inaugurar un novo blog.
Co nome de "Sons da Ramallosa" presentámosvos unha ventá á nosa aula, para que poidades ver os nosos traballos e propostas durante o presente curso.
Pasádevos por aquí:
Libros recomendados para o Nadal
Bo Nadal, colegas!
Preséntovos algunha das novidades interesantes en canto aos meus amigos, os libros. (máis)
12 DESEXOS PARA O 2012 DO CLAUSTRO DE PROFESORES/AS
1. Que se garanta o dereito á educación en igualdade para todas e todos.
2. Que vir ao cole sexa un motivo de alegría.
3. Que as dificultades na aprendizaxe sexan atendidas.
4. Que a escola e a súa contorna sexan unha.
5. Que o saber non ocupe un lugar secundario.
6. Que “aprender a ser” sexa a nosa teima.
7. Que a solidariedade inunde as nosas aulas.
8. Que a “educación para tod@s” considere as necesidades individuais e a integración escolar non sexa unha utopía.
9. Que se protexa con aloumiños a fala dos nosos devanceiros.
10. Que contemos con recursos materiais e humanos imprescindibles.
11. Que o labor do ensinante non sexa aldraxado.
12. Que toda a comunidade educativa defenda e aposte por un ensino público de calidade.
Vídeo de Quinto_C... "Desexos"
Aquí tedes o vídeo que fixemos os nenos e nenas de Quinto_C para o festival.
Bo Nadal.
CAMPIONATO DE TROMPOS 2011
Como todos os anos, o día do magosto celebramos no cole o Campionato de Trompos no que participaron máis de 100 nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º.Noraboa a tod@s.
Os gañadores deste anos foron:
1º clasificado: ALBERTO CASAL
2º clasificado: BRAIS FERNÁNDEZ
3º clasificado: ISAAC GAÑETE
O CLUB DA CIENCIA
Unha nova serie de libros, escritos por Víctor Raga,
para aprender sobre o que acontece ao noso redor a través da fición cunha dose de humor. (máis)
Un novo premio para Agustín Fdez Paz
O escritor recibirá o Premio Iberoamericano SM da Literatura Infantil e Xuvenil como recoñecemento á súa traxectoria literaria.
Parabéns, Agustín (máis)
MMM, QUE BEN SABE!!!

Ola, colegas! Hai alguén aí?
Quería saudarvos e que virades que xeado máis saboroso tomei na praia; pero... sabedes de que era?: DE CHOURIZO!!! Nooon, é unha trola, era de amorodo!. Pero non sei se sabedes, que cada vez máis, os fabricantes os inventan con sabores novos (e extraños); como por exemplo, de FABADA!! Agora non é trola, eh? que se lle ocorreu a un fabricante de xeados asturiano!! (o que non sei é se tería moito éxito)
Bueno, se queredes saber máis sobre xeados, lede.
Ata máis ver!!