Skip to Content

4º EP DESPIDE O CURSO EN VIGO

O XOVES 16 DE XUÑO, O ALUMNADO DE 4º FOMOS Á CIDADE DE VIGO. VISITAMOS O ZOO, O SEU REPTILARIO E AS INSTALACIÓNS COA FAUNA AUTÓCTONA. TAMÉN ACCEDEMOS ÁS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CELTA. DÉMONOS UN BO CHAPUZÓN NAS PISCINAS DA PRAIA DE SAMIL E FINALIZAMOS VISITANDO O MUSEO DO MAR DE GALICIA. PODEDES CLICAR NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DESTE DÍA.

LA MÉTÉO

- Preme na imaxe para visionar todos os vídeos -

Proxecto "Recollida das imaxes e podcast do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués" (Ponte nas Ondas)

Premede na imaxe para ver todo o traballo realizado neste Proxecto; Fotografías das familias, programa de radio, presentacións coas fotos...

ACTIVIDADE ESCOLA VERDE: SAÍDA AO IES DE VALGA.

Preme na imaxe para saber máis da actividade. 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 5º E.P.

CORUÑA EXCURSIÓN 21_22 5º

Premede na imaxe para ver ou descargar as fotos

Paco Nogueiras!!

Por cortesía da nosa ANPA, tivemos a visita do músico compostelán Paco Nogueiras, que presentou ao alumnado de Ed. Infantil o seu último libro-disco; EXTRA. Pero tamén tivemos a ocasión de escoitar os seus grandes éxitos de Brincavai e outros. Grazas Paco!! Pasámolo pipa!!

Paco Nogueiras

- Preme na imaxe para ver todas as fotos e vídeos da actuación -

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, celebramos o día mundial do medioambiente. O Comando Verde quérevos dicir algo importante a través deste vídeo. 

1º CERTAME, "PROXECTO CÓNTAME UN CONTO"

Esta semana tivemos a oportunidade de vivir uns momentos máxicos no "1º Certame" do Proxecto "Cóntame un Conto", promovido polo "Museo do Pobo Galego" e a "Fundación Antonio Fraguas" a través do APOI. A gala celebrouse no maxestuoso "Teatro Principal" de Compostela e estivo cargado de emocións!!
Os ramalloseiros levamos contos, música en directo, música na rúa,... Ata aproveitamos para facer unha tournet cultural no casco histórico co profe Xabi.
Mil grazas a todo o alumnado, profesorado e familias que participaron no proxecto. E tamén aos discentes implicad@s ao máximo nas actividades musicais; "Grupo de música tradicional", Tanxugueiriñas", "Galeg@s troupe".... Son todo un exemplo a seguir!!
Xa podedes ver o vídeo resumo da actividade, os contos e outra info do proxecto premendo na seguinte imaxe:
CÓNTAME UN CONTO_CERTAME

"PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS"

Mural Plantando árbores

- Preme na imaxe para entrar na nova -

Distribuir contido


by Dr. Radut