Skip to Content

Acampada sexto 2022

LETRAS GALEGAS 2022: "FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN"

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Preme da imaxe para coñecer máis sobre a vida e obra do escritor homenaxeado e ver propostas didácticas sobre o mesmo

"21 DÍAS CO GALEGO+" RETO CONSEGUIDO!!

O "Equipo de Dinamización da Lingua Galega", compartimos un video de agradecemento a toda a comunidade educativa polo éxito na nosa primeira edición de "21 días co Galego+". Farémosvos a entrega do agasallo hoxe mesmo!! Velaquí unha imaxe do PREMIO-AGASALLO

NOSOUTRAS

Partillamos o excelente traballo do alumnado da escola, con debuxos inspirados no poemario "Nosoutras" da grande escritora Marica Campo e o persoal e magnífico estilo do ilustrador Xosé Cobas, a quen o domingo 27 de marzo, se lles rendiu unha merecida homenaxe no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Grazas a escritora Eva Mejuto, responsable do Salón e a Pilar Sampedro por confiar en nós e por nos deixar aportar o noso pequeno grao de area. Todo unha honra e un agasallo. Montaxe realizada por Carme García Álvarez. 

Marica Campos - Google Fotos

 

 Tamén podedes clicar nesta imaxe para velo. 

 

 

 

PLANTAMOS ÁRBORES NO PATIO!!

Fermosa e importante actividade dentro do Proxecto Escola Verde. E coa colaboración especial da Brigada de bombeiros forestais da Xunta de Galicia e o bo facer á frente da mesma, do noso queridísimo "Chago". Preme na foto para entrar na nova!!

DÍA DA POESÍA

Outra conmemoración recollida no calendario escolar e dentro das propostas da biblioteca,  é o DÍA DA POESÍA.

Quixemos, nesta ocasión, darlle a palabra aos versos, ás rimas, á armonía,... xunto coa natureza.

A proposta era escoller unha árbore do patio e xunto a ela, dialogar da súa importancia (limpan o aire que respiramos, dan sombra, serven de cabixo a paxaros, dan madeira para facer mobles e xoguetes entre outras moitas) e logo lerlle un poema, que seguro lles gustaría e lle axudará a medrar moito máis.Sorriso

 

                     (CLICAR NA IMAXE PARA ACCEDER A MÁIS FOTOS DESTA PROPOSTA)

VISITA DE "ANXO MOURE" NO DÍA DA PRENSA

Entrevista ao escritor e naturista "Anxo Moure" (2º Ed. Primaria)

Na semana do 14 ao 18 de Marzo tivemos a sorte de pasarmos unha xornada completa co escritor "Anxo Moure" e facermos unha actividade relacionada coa semana da prensa. Vinculando a mesma ao proxecto "Escola Verde" do centro, e por suposto coa conmemoración do día das árbores e a poesía (21 de Marzo).

Non podíamos perder a ocasión de que nos acompañase nos micrófonos de Radio Ramalloseir@∫. Mil grasas Anxo!!

Agradecer enormemente ao "Consorcio Editorial Galego" o seu compromiso con este pedazo de agasallo. 

Anxo Moure Entrevista Preme na imaxe para ver toda a información e escoitar a entrevista en "Radio Ramalloseir@s"

Arrancamos o Programa "21 días co GALEGO é+"

21 días co galego hd

ENTROIDO 2022; Actuacións, desfile, fotos...

Banner entroido 2022

ACTO DO DÍA DE ROSALÍA 2022

Día de Rosalía

Distribuir contido


by Dr. Radut