Skip to Content

Sabías que...?

CUCURUCHOS DE XEADO

Sabedes quen inventou os cucuruchos?

Parece ser que Italo Marchiony, de orixe italiana, era un vendedor de xeados en Nova York. Cando en 1890 abriu a súa xeadería en Wall Street, a pesar da sufocante calor, case non se vendían xeados. Por que?

Pois naquela época o xeado servíase só en copas de cristal e os clientes tiñan que sentar a comer o xeado cunha culleriña ata que o acabasen. Pero a xente de Nova York tiña présa, moita présa, e non podían sentar a terminar tranquilamente unha copa de xeado. Así que a Italo ocorréuselle unha idea: fabricou un molde para galletas con forma de vaso. Desta forma enchería o vaso con xeado e os clientes poderían ilo comendo pola rúa e, ao final, ¡poderían ata comer o vaso!

Pero foi en 1903, cando se inventou o cucurucho que nós coñecemos. En San Luís, Missouri, houbo unha feira internacional, un acontecemento que visitou xente de todas partes. Alí, un reposteiro de orixe siria chamado Ernest A. Hamwi substituíu o vaso por un cucurucho de galleta enrolada, deixándoo en forma de cono ancho, de maneira que podían caber ¡dúas bólas de xeado!

Queres fabricar na casa un xeado artesanal? Pois coa axuda dun adulto é doado.

O xeados artesanais fanse conxelando leite cun aparello chamado xeadora. Este remove o leite á vez que a vai conxelando, de forma que no canto de formarse xeo fórmase unha neve moi suave.

Na nosa casa, a falta de máquina, imos necesitar unha batidora de vaso que sexa forte.

Ingredientes: 1 vaso (250 ml.) de zume de froitas (se é natural é conveniente azucararlo)

1 bote (200 ml.) de nata 18%MG

Materiais:Unha cubitera (bandexa para cubitos de xeo)

Batidora de vaso ou thermomix, capaz de picar xeo.

A noite antes enchemos a cubitera co zume e deixámola no conxelador. Por suposto, a nata conservámola en neveira. Logo, ao día seguinte, soltamos os cubitos de zume conxelado nunha fonte ou bandexa.

Pomos na batidora a nata e imos agregando os cubitos de xeo de dous en dous ou tres (os cubitos, haberá que afundilos con algun cuberto, coa batidora parada, claro) e picámolos, utilizando unha velocidade media, durante máis ou menos un minuto. O frío do xeo irá callando a nata e deixando o conxunto cremoso.

Se non o imos a consumir inmediatamente ou queda demasiado derretido, podémolo pór nun recipiente grande e levalo outra vez ao conxelador, pero lembrádevos de sacalo uns minutos antes porque estará moi duro, e o xeado artesanal hai que comelo suave. Que vos aproveite!!

(extracto da revista dixital Pequeño LdN)

Distribuir contido


by Dr. Radut