Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

PRIMEIRO MANDADIÑO

 

 

DÍA DA PAZ 2024

Para celebrar o Día da Paz (30 de xaneiro), as nenas e nenos do noso centro elaboraron plumas con mensaxes relacionadas con este día tan sinalado. Con estas plumas crearon unhas fermosas ás. No seguinte vídeo podedes ver o resultado:

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2023-2024

As xornadas de portas abertas terán lugar o luns 19 e o luns 26 de febreiro en dúas quendas, ás 17:00 ou ás 18:00. É preciso reservar cita para as visitas chamando ao centro (981280208) ou enviando un correo electrónico á seguinte dirección: ceip.ramon.sagra@edu.xunta.es

Se queredes coñecer o noso cole,  tamén podedes premer na seguinte imaxe para desfrutar dun percorrido dixital:

 

 

Para máis información, premede na seguinte ligazón:

 

 

Agardámosvos!

 

RESERVA DE PRAZA CENTRO ADSCRITO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO - CURSO 24/25

APERTURA PRAZO RESERVA DE PRAZAS PARA 1º ESO, NO CENTRO ADSCRITO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO PARA O CURSO 2024/2025

A Coruña, a 15 de xaneiro de 2024

Estimadas familias:

iniciado hoxe mesmo a apertura do prazo de reserva de prazas para 1º de ESO, ao alumnado que actualmente cursa 6º de E.P. , no centro adscrito IES Ramón Otero Pedrayo, ADXÚNTASE a información relativa a este proceso así como os anexos I e Ibis por se vos fan falla (as vosas fillas e fillos xa levan unha copia).

PRAZO: DO 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO DE 2024

Prégase a lectura dos documentos anexos.

Enlace convocatoria Xunta.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051

Grazas.

A Dirección.

REFORMA, ACONDICIONAMENTO E SALUBRIDADE DO XIMNASIO DO CEIP RAMÓN DE LA SAGRA

Estimada Comunidade Educativa e Veciñal:

Nunha sociedade na que o sedentarismo está formando parte da vida cotiá de cada neno e nena, o fomento da actividade física resulta crucial para que o seu desenvolvemento tanto físico como emocional sexa completo.

No CEIP Ramón de la Sagra carecemos de espazos nos que levar a cabo estes aspectos, tan importantes para a educación integral do noso alumnado.  O patio cuberto que se está empregando como pavillón non cumpre, nin de lonxe, co cometido de fomento e promoción da actividade física. Este espazo necesita unha serie de melloras, como a reparación integral do chan. Por esta razón, fixemos unha proposta de investimento nos presupostos participativos do Concello da Coruña que podedes APOIAR ata o día 10 de outubro.

Máis información premendo na imaxe:

 

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO FONDO LIBROS - ANPA

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO FONDO LIBROS - ANPA

Estimadas familias:


se lles informa de que o vindeiro luns 18 de setembro de 2023, dende as 16:30h ata as 17:45h entregaranse os libros de texto nas aulas nas que cursan as súas fillas/os.
Os solicitados e adxudicados dende fondo libros como da ANPA.
A dirección

ORGANIZACIÓN ENTRADAS E SAÍDAS DO CENTRO. CURSO 2023-2024

Estimadas familias,

Podedes descargar as instruccións de organización das entradas e saídas deste curso escolar 2023-2024 premendo na seguinte imaxe:

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023-2024

Estimadas familias, 

O venres 8 de setembro, en horario de 11:00 a 12:00 h., poderedes recoller as tarxetas do transporte escolar para este curso 2023-2024. 

O horario das paradas será o seguinte:

LISTAS DE DISTRIBUCIÓN DO ALUMNADO DE 4º EI, 1º EP, 3º EP E 5º EP

Estimadas familias,

 

As listas de distribución do alumnado de 4º de Educación infantil, 1º, 3º e 5º de Educación primaria xa están expostas no taboleiro da entrada no centro.

Un saúdo.

 

 

 

 

MATERIAIS ESCOLARES CURSO 2023-2024

 

1º EDUCACIÓN PRIMARIA                                                B EDUCACIÓN PRIMARIA

2º EDUCACIÓN PRIMARIA                                                5º EDUCACIÓN PRIMARIA

3º EDUCACIÓN PRIMARIA                                                6º EDUCACIÓN PRIMARIA

A EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut