Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

RESULTADOS ENQUISAS DO PLAN DE CONVIVENCIA POR SECTORES

RESULTADOS ENQUISAS DO PLAN DE CONVIVENCIA

Estimada comunidade educativa:

Como ben sabedes estamos a elaborar o noso Plan de Convivencia.

Neste proceso de elaboración na que participa toda a comunidade educativa, deixámosvos os informes das diferentes enquisas.

Como sempre, voltamos a agradecer a boa participación de toda a comunidade educativa así como de toda a comisión de convivencia que está a traballar cos datos para á elaboración participativa do plan de convivencia do CEIP Ramón de la Sagra.

Seguimos traballando e irémosvos informando de todo o que aconteza no proceso.

Agradecendo enormemente a súa sempre boa colaboración, reciban un cordial saúdo.

Atte: A Comisión de Convivencia.

 

ADMISIÓN: LISTAXE DEFINITIVA

Estimadas familias,

Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 23-24. 

Poden consultar estas listaxes no taboleiro do centro ou telemáticamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital. 

Resaltar que todas as solicitudes recibidas están ADMITIDAS

O prazo de FORMALIZACIÓN de MATRÍCULA será do 20 ao 30 de xuño. 

Un saúdo. 

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR

Estimada comunidade educativa, dirixímonos a vds. por mor do seguinte:

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pon en marcha este curso académico a IV macroenquisa de diagnose da convivencia escolar, dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (alumnado a partir de 5º de educación primaria, profesorado, persoal non docente e familias).

Esta iniciativa enmárcase dentro da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e o prazo de participación estará aberto desde o 2 ata o 22 de maio, ambos os dous incluídos.

Motivo polo cal, envíase a cada sector da comunidade educativa do noso centro, claves individuais para poder realizar a enquisa.

Grazas como sempre pola súa colaboración e participación

Saúdos

A Dirección

 

APERTURA PRAZO SOLICITUDE BECAS ALUMNADO CON NEE

AVISO ÁS FAMILIAS - BECAS ALUMNADO CON NEE

Esimadas familias, dirixímonos a vds. por mor do seguinte:

 

Desde este luns 8 de maio de 2023 e ata o día 20 setembro de 2023, poden solicitarse as Axudas/Subsidios para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

 

Toda a información oficial xunto cos enlaces para comezar a tramitación atópase nas seguintes direccións:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html 

Destacar do Extracto da Resolución de 20 de abril de 2023 da Secretaría de Estado de Educación que existe algunha novidade respecto aos cursos anteriores como:

 

  • O prazo de presentación da solicitude redúcese ata o 20 de setembro.
  • Inclusión, sen requisitos económicos, dun subsidio para gastos adicionais de carácter xeral para os solicitantes que acrediten necesidade específica de apoio educativo, segundo os requisitos establecidos na convocatoria (Discapacidade, Trastorno grave de Conduta ou da Comunicación e Linguaxe, Trastorno do Espectro Autista, Altas Capacidades e TDAH que requiran apoios e atencións educativas específicas derivadas dos aspectos anteriormente mencionados).

 

Para calquera dúbida, o CEIP Ramón de la Sagra ponse a disposición da Comunidade Educativa a través do Departamento de Orientación.

 

SERVIZOS MINIMOS FOLGA DE TRANSPORTE XOVES 27-4-23

SERVIZOS MINIMOS FOLGA DE TRANSPORTE XOVES 27-4-23

Estimadas familias:

comunícaselles os servizos mínimos dispostos para a folga de transporte que se celebrará mañá xoves, 27 de abril de 2023.

"2. Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: os servizos de en­trada aos centros desde as 7.30 ata ás 10.30 horas, e os de saída desde as 13.30 ata ás 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obri­gatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros." (Parte dispositiva – artigo único – páx. 4 do DOG).

Adxúntase DOG anexo.

Grazas pola súa atención

A dirección.

ADMISIÓN ALUMNADO. LISTAXES PROVISIONAIS CURSO 23-24

 

Estimadas familias, 

Xa están publicadas as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 23-24. 

Poden consultar estas listaxes no taboleiro do centro ou telemáticamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital. 

Resaltar que todas as solicitudes recibidas están ADMITIDAS

Según establece a norma que regula este proceso (Orde do 21 de outubro de 2022) o prazo de reclamación será de 5 días hábiles dende a súa publicación. Polo tanto serán os días 26, 27 de abril e 2, 3 e 4 de maio.

O prazo de FORMALIZACIÓN de MATRÍCULA será do 20 ao 30 de xuño. 

Un saúdo. 

.

 

 

 

 

Benqueridas familias:

Convidámosvos o día 18 de abril ás 17:00h a unha xornada na que teremos a oportunidade de traballar na creación dunha nova horta. Simplemente precisamos que traiades roupa cómoda e sobre todo moitas, moitas ganas de sachar!

Esperámosvos con moita ilusión!

FOLTA DO SECTOR DO TRANSPORTE - SERVIZOS MÍNIMOS-AVISO

AVISO ÁS FAMILIAS FOLGA TRANSPORTE

Estimadas familias...

poñemos no seu coñecemento para a súa consideración o seguinte comunicado que nos fan dende empresa que fai o servizo de transporte escolar no noso centro:

"Nos ponemos en contacto para comunicar que con motivo de la huelga convocada para este viernes día 31, intentaremos realizar los servicios mínimos decretados por la Xunta de Galicia. Agradeceríamos que se le avise a las familias que no podemos garantizar que nos vayan a permitir cumplirlos, con el fin de que puedan organizarse si no podemos realizar los servicios y que puedan decidir si hacer uso o no del transporte"

Prégase a máxima difusión entre as familias para o seu coñecemento.

Grazas pola súa colaboración.

Saúdos

A Dirección

FOLTA DO SECTOR DO TRANSPORTE - SERVIZOS MÍNIMOS

FOLGA DO SECTOR DO TRANSPORTE -SERVIZOS MÍNIMOS

Estimadas familias:

remítolles información publicada no DOG de hoxe, en relación aos servizos mínimos establecidos...

Artigo único. Servizos mínimos

Durante a folga convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), a Confederación Sindical Unión Xeneral de Traballadoras e Traballadores de España (UXT) e pola Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CCOO) no sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada na Comunidade Autónoma de Galicia para o día 31 de marzo, terán a consideración de servizos mínimos os seguintes:

1. Servizos públicos de transporte regular de uso xeral: os servizos que se relacionan no anexo II desta orde e que se refiren ao ámbito dos contratos relacionados no anexo I.

2. Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: os servizos de entrada aos centros desde as 7.30 ata ás 10.30 horas, e os de saída desde as 13.30 ata ás 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros.

3. Servizos regulares de uso especial para o transporte de traballadores: todos os servizos nas expedicións anteriores ás 9.00 horas e posteriores ás 18.00 horas.

4. Servizos de transporte público regular de uso especial de usuarios de centros socioasistenciais para a atención diúrna de persoas maiores en situación de dependencia ou grave risco de padecela e centros de atención a persoas con discapacidade: os servizos de entrada aos centros desde as 8.00 horas ata as 11.30 horas, e os de saída, desde as 17.00 horas ata as 20.00 horas, así como os traslados dos centros de atención a persoas con discapacidade de Sarria e Redondela, con saídas programadas desde os centros ás 10.45 horas e 16.30 horas, respectivamente.

As empresas de transporte darán a máxima difusión dos servizos concretos que resulten afectados por esta orde ás persoas usuarias a través daqueles medios que permitan o seu coñecemento e, en todo caso, nos propios vehículos, con antelación ao inicio e durante a folga.

Adxúntase documento publicado no DOG.

A Dirección

CONVOCATORIA BECAS COMEDOR 2022/2023 CONCELLO DE A CORUÑA

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2023-2024

Estimadas familias:

Onte 7 de marzo de 2023 publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024.

Prazo de presentación: do 13 de marzo ao 12 de abril, ambos incluídos.

 Toda a información da convocatoria pódese consultar:

-   Na web municipal de servizos sociais

https://www.coruna.gal/servizossociais/gl/detalle-contido/bolsas-comedor-para-o-curso-escolar-2023-24/suceso/1453831862550?argIdioma=gl

-   Na sede electrónica municipal

https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-comedor/contenido/1453739229256?argIdioma=gl

-    No teléfono 010 de información cidadán

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

NINGÚN SOLICITANTE TEN QUE PRESENTAR NIN CERTIFICADO DE MATRICULA NIN SOLICITUDE DE MATRICULA, xa que o concello o consultará tras a remisión por parte da Xunta dos listados de confirmación de prazas asignadas nos centros, como o curso pasado.

 

 A Dirección

 

Distribuir contido


by Dr. Radut