Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

APERTURA PRAZO ADMISIÓN DE ALUMANDO CURSO 23/24

APERTURA PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 23/24

 

Estimadas familias:

 Comunicarlles que o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 23/24, ábrese dende mañá mércores, 1 de marzo ata  o  luns 20 de marzo (ambos incluídos).

 Para realizar a solicitude de admisión poderán realizala por calquera medio electrónico da Xunta (aplicación de admisión de alumnado na páx. Web da Consellería de Cultura, Educación, Formación e Universidades), Sede electrónica, etc..

 

Tamén poden facelo presencialmente no centro se o desexan en horario:

 - Mañás: Luns a venres de 9:30h a 11.00h e das 12:15 ás 13:30h.

 - Tarde: Luns das 16:30h ás 18:15h.

 Teñen na documentación adxunta todo o necesario para poder realizar a admisión sen ningún problema, aínda que calquera pregunta non dubide en transmitírnola.

 A normativa que regula este proceso (anexa), é:

 ORDEN de 21 de octubre de 2022 por la que se desarrolla el Decreto 13/2022, de 3 de febrero, y se regula el procedimiento de admisión del alumnado en los centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación (códigos de procedimiento ED550A, ED550B y ED550C).

 DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 Grazas a todas as familias.

 Saúdos.

 A Dirección

 

 

ENQUISAS FAMILIAS - PLAN DE CONVIVENCIA

ESTIMADAS FAMILIAS

Estimadas familias.

comezamos hoxe coa entrega das enquisas ás familias para a revisión/elaboración do plan de convivencia do noso centro.

Do mesmo xeito que indicábamos na circular do mércores, é de gran importancia a vosa participación e colaboración. Este plan de convivencia sen vos perde calquera sentido.

As vosas fillas e fillos levarán hoxe venres unha copia en papel da mesma, pero deixámovosla tamén adxunta neste post.

Lembrar que ben a podedes entregar a través das vosas fillas e fillos ao titor/a ou ben entregala vos mesmas no buzón que se habilitará na entrada da biblioteca do centro. Unha vez que entre o alumnado ao centro xa as podedes deixar. E tamén á tarde en horario das 16:00h ás 18:00h.

Agradecendo de antemán o voso esforzo e a vosa colaboración, reciban un cordial saúdo.

E por último, como xa dixemos, nós aceptámolo reto!.. e vos?.. seguro que sí..

Apertas

A dirección

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2022-2023

As xornadas de portas abertas terán lugar o mércores 8 e o xoves 9 de febreiro en horario de 16:30 ou de 17:30. É preciso reservar cita para as visitas chamando ao centro.

Se queredes coñecer o noso cole,  tamén podedes premer na seguinte imaxe para desfrutar dun percorrido dixital:

 

 

Para máis información, premede na seguinte ligazón:

 

 

Agardámosvos!

 

AVISO FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS

AVISO ÁS FAMILIAS

Ante os partes sobre fenómenos meteorolóxicos adversos e o aviso sobre

 
Prégase ás familias estar pendentes da páx. web
 
 
ante calquera cambio nas zonas afectadas.
 
Grazas pola vosa colaboración.
 
A dirección.

RESULTADO DAS VOTACIÓNS DOS PRESUPOSTOS PARTICIPATIVOS DO CONCELLO DE A CORUÑA

 

Estimadas familias:

 

O proxecto presentado pola Comunidade Educativa do CEIP Ramón de la Sagra: “Patio urbano verde, humanizado e sostible” (Proxecto mestra de obra), foi proxecto gañador polo seu número de votos para o distrito 7 do que formamos parte.

 

Agradecemento a todo o alumnado, ao claustro,  a todos e todas vos, á coordinadora do proxecto, a ANPARASA e a toda a comunidade educativa que da maneira que puidéchedes o fixeches posible… GRAZAS!!!!

 

Adxuntamos a nota de prensa do concello onde aparece o resultado das votacións dos presupostos participativos.

 

Cando comezamos unha viaxe xuntos, sempre chegaremos a bo porto, por moitas tempestades que haxa.

 

INFORMACIÓN SOLICITUDE DE PRAZAS NO IES OTERO PEDRAYO. CENTRO ADSCRITO

 

AVISO ÁS FAMILIAS DE 6º DE E. PRIMARIA – RESERVA PRAZA IES ADSCRITO

 A Coruña, a 16 de xaneiro de 2023

Segundo as INSTRUCIONS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN recibidas hoxe, comunicámoslles aapertura do prazo para a presentación de solicitude co código de procedemento ED550A para cambio dun centro a outro ao que se está adscrito.

 

Isto afecta ao alumnado de 6º de E. Primaria que desexen cursar a ESO no IES Otero Pedrayo, que é o instituto ao que este centro está adscrito.

 

O prazo é do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023.

 

Achégase a instrucción  anexa así como o formulario ED550A necesario, pódese presentar neste centro tanto en soporte físico como dixitalmente.

 

Aconséllase estar atentos ás páx. Web deste centro e a do IES Otero Pedrayo por calquera nova indicación ao respecto.

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesoteropedrayocoruna/

 

Grazas pola súa atención

 

Saúdos

 

A Dirección.

 

 

VOTACIÓN PROXECTO curso 22/23

O próximo martes 20 de decembro terá lugar a votación para elexir o proxecto compartido deste curso. Xa decidiches cal votar?

 

 

3ª ACTA DA XUNTA ELECTORAL. ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

3ª ACTA DA XUNTA ELECTORAL. PROCLAMACIÓN DE CANDIDATAS

Estimadas familias:

no documento adxunto teñen a súa disposición a 3ª acta da xunta electoral das eleccións ao consello escolar coa proclamación de candidatas despóis das votacións.

Grazas pola súa participación.

A Dirección

APERTURA PREINSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL

Campamentos Urbanos de Nadal organizados desde os Centros Cívicos do Concello de A Coruña.

Estimadas familias:

 

Desde o día 1 de decembro ata o 3 de decembro de 2022, iníciase a preinscrición nos Toda a información está recollida no seguinte enlace:


  https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/campamentos-urbanos-de-navidad-2022-en-los-centros-civicos-municipales/suceso/1453819630999?argIdioma=es

A Dirección

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ACTA DO ESCRUTINIO VOTACIÓN REPRESENTANTES DOS

RESPONSABLES - FAMILIAS

Estimadas familias:

no documento adxunto teñen o resultado das votacións dos representantes das familias/responsables para o consello escolar.

Grazas pola súa participación e interese.

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut