Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ORGANIZACIÓN ENTRADAS E SAÍDAS. CURSO 22/23.

 

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS -  HORARIO LECTIVO – CURSO 22/23

A Coruña, a 5 de setembro de 2022

Consideracións iniciais:

1º. O horario lectivo co alumnado será das 9:00h ás 14:00h agás educación infantil, que será dende ás  9:00h e saída escalonada.

ENTRADAS E SAÍDAS:

            As portas de acceso ao centro abriranse ás 8:55h e pecharanse ás 9:10h. A saída abriranse do mesmo xeito segundo o horario de recollida en educación infantil.

            O alumnado de educación primaria entrará só ao recinto do centro, entrando polo portalón grande de acceso ao patio de 3º a 6º de E. P. , e os de 1º e 2º de E. P. pola porta principal de acceso ao centro.

            O alumnado que entre pola Ronda Camilo José Cela poderán entrar sos indistintamente do seu curso ou nivel, e unha vez dentro do recinto, baixarán pola rampa de acceso e dirixiranse ata o hall de entrada e de ahí a súa aula.

            O alumnado de 1º. 2º e 3º de E. P. subirán pola marxe dereita das escaleiras de acceso aos andares e baixarán polo mesmo marxe.

            O alumnado de 4º, 5º e 6º de E. P. subirán pola marxe esquerda e baixarán polo mesmo marxe.

E. INFANTIL:

            - As familias poderán acompañar aos seus fillos/as ata a entrada de infantil. O tempo máximo indispensable.

            - A saída se efectuará do mesmo xeito dentro do centro no espacio onde deixan aos seus fillos/as.

E. PRIMARIA:

            - O alumnado de 1º e 2º de E. P. poderán entrar pola porta de entrada ao centro (principal), onde serán acollidos polo profesorado que estea de garda e poderán ir subindo ás aulas, onde se atopará o profesorado que imparta clase nesa primeira hora.

            - O alumnado de 3º a 6º de E.P. deberán entrar polo portalón de acceso.

            - O alumnado que entre pola entrada superior (a do autobús), irán entrando e acudirán a súa aula correspondente.

            En todos os casos o alumnado entrará só ao recinto escolar.

 

AUTOBÚS ESCOLAR:

-       Haberá como sempre, gardas de entradas e saídas e do autobús escolar.

-       O alumnado que utilice o transporte escolar que chegue antes das 8:55h que será cando se abran as portas e o profesorado deba estar nas súas aulas, permanecerán no hall de entrada ata as 8:55h podendo subir xa a esa hora.

-       O alumnado de transporte á chegada irán por parellas (grande/pequen@), e irán así acompañando ata á entrada ao interior do centro.

-       A hora de saída, o alumnado usuario do transporte escolar esperará no andar da súa aula en fila ata a súa recollida. Non poderán quedar sos na aula.

-       Baixarán primeiro os de 4º, 5º e 6º para ir recollendo por parellas aos de menor idade.

 

SAÍDAS:

-       Tocará timbre ás 13:55h e música ás 14:00h, que agás infantil deberán saír todo o alumando da súa aula para a súa entrega nos puntos que entraron ao centro.

-       O alumnado será entregado nos mesmos puntos nos que entraron (Portalón e saída principal).

-       Haberá un área habilitada para as familias que recollen aos seus fill@s que entran e saen pola Ronda Camilo José Cela, agás os de 1º e 2º de E. P. que só recollerán aos seus fill@s pola porta principal. Para tal efecto, poderán cruzar dende a Ronda Camilo José Cela ata o portalón para logo acceder ao punto de recollida.

 

Grazas a tod@s.

 

                  D. Francisco José Mourelo Barreiro

                      Director.

INSTRUCIÓNS COVID CONXUNTAS - 5 DE SETEMBRO

INSTRUCIÓNS COVID CONXUNTAS DO 5-9-22 PARA O PRESENTE CURSO ESCOLAR 2022/23

Estimadas familias:

no documento adxunto poderán consultar as instrucións perante o covid para o presente curso escolar.

Grazas.

A Dirección

LISTAXES MATERIAL ESCOLAR CURSO 22-23

 

Estimadas familias, 

Nos documentos adxuntos tedes as listaxes de material para este curso escolar. 

Un saúdo.

 

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Estimadas familias, 

As xuntanzas de comezo de curso, para a etapa de Ed. Primariaserán

os seguintes días: 

LUNS 12 DE SETEMBRO ás 17:00H: 1º e 2º de Educación Primaria. 

LUNS 19 DE SETEMBRO ás 17:00H: 3º e 4º de Educación Primaria. 

LUNS 26 DE SETEMBRO ás 17:00H: 5º e 6º de Educación Primaria. 

Estas reunións realizaranse na aula correspondente. 

Un saúdo.

 

 

 

ALUMNADO ADMITIDO NO TRANSPORTE ESCOLAR

 

Informamos que todo o alumnado que solicitou transporte escolar está admitido.

As listaxes colgaranse no taboleiro do centro.

xoves día 8 entregarase ao alumnado as tarxetas identificativas, así como

unha circular informativa. 

Un saúdo.

LISTAXES ALUMNADO 1º 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Estimadas familias, 

Podedes consultar as listaxes de 1º, 3º e 5º de Educación Primaria e

4º curso de Educación Infantil na entrada do colexio.

 

No apartado profesorado, situado na marxe esquerda da páxina web, 

pódese consultar os mestres/as titores/as e especialistas para este

curso académico.

Un saúdo.

ENTREGA LIBROS DE TEXTO CURSO 22/23

AVISO ÁS FAMLIAS

Estimadas familias...

infórmaselles que a entrega dos libros de texto realizarase unha vez comezadas as clases.

O motivo é a demora na entrega dos mesmos por parte das editoriais.

Avisarase das datas e horas da súa entrega.

Grazas.

 

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias, 

As reunións de comezo de curso, para a etapa de Educación infantil, serán na biblioteca do centro os seguintes días:

- LUNS 5 DE SETEMBRO: 4º EDUCACIÓN INFANTIL ás 10:00h.

- MARTES 6 DE SETEMBRO: 6º EDUCACIÓN INFANTIL ás 12:00h

- MÉRCORES 7 DE SETEMBRO: 5º EDUCACIÓN INFANTIL ás 12:00h.

Un saúdo.

LISTAXE PROVISIONAL BECAS COMEDOR MUNICIPAIS 2022

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2022-2023

 

12 de xullo de 2022

Co rogo da súa difusión:

Onte 11 de xullo de 2022 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña,a listaxe provisionalde concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023.Pódense consultar en:

 

-          Taboleiro de edictos

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica;jsessionid=DB03E1E0FAFFEE3F7C24BB2F1A516520?method=view&id=16078

-          Páxina web de servizos sociais

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/concesion-de-becas-comedor-curso-22-23-propuesta-provisional/suceso/1453806145491

 

-          Taboleiros dos centros cívicos municipais

 

Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.

 

O prazo para a presentación das alegacións éde 10 días hábiles, do 12 ao 26 de xullo de 2022, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágorae Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Atentamente

Bolsa comedor

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/20223-CORRECCIÓN DE ERROS

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/2023

CORRECCIÓN DE ERROS 1/6/2022

Estimadas familias..

no documento anexo teñen a relación de libros de texto para o vindeiro curso 2022/23 por niveis. SUBSTITÚE ESTA LISTA A ANTERIORMENTE PUBLICADA.

Presten especial atención ao apartado de observacións.

Grazas.

A Dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut